Boeing B-52 Stratofortress: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q174534
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 16:
| variantes co seu propio artigo =
}}
O '''Boeing B-52 Stratofortress''' é un bombardeiro estratéxico subsónico que voa co exército dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] dende [[1955]], e é o sucesor do [[B-36 Peacemaker|Convair B-36 Peacemaker]]. Aínda que construído para o rol nuclear da [[Guerra Fría]], as súas capacidades de bombardeo convencional son máis importantes hoxe en día para os obxectivos da [[Forza Aérea dos Estados Unidos|USAF]], onde o seu gran radio de acción e a súa gran capacidade, de ata 32 toneladas, de carga probaron a súa valía.
 
A partir da obtención do contrato o [[5 de xuño]] de [[1946]], o B-52 pasou por varias etapas de deseño; dende o primeiro prototipo de á recta propulsado por seis motores [[turbohélice]] ata o prototipo final YB-52, de á en frecha e propulsado por oito turborreactores. O avión realizou o seu primeiro voo o [[15 de abril]] de [[1952]]. Construído para levar armas nucleares en misións de disuasión durante a [[Guerra Fría]], o B-52 Stratofortress substituíu ao Convair B-36. A pesar de ser veterano nun feixe de guerras, o Stratofortress só utilizou munición convencional en combate. O seu nome de Stratofortress rara vez se utiliza fóra dos contextos oficiais; adoita a ser coñecido polo persoal da USAF como BUFF (Big Ugly Fat/Flying Fucker/Fellow).