Basilio Álvarez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
completo info
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 6:
Formou parte xunto personalidades como a [[Manuel Portela Valladares]] e [[Alfredo Vicenti]] do grupo de intelectuais e políticos residentes na capital do Estado que se reunían para debater sobre os problemas de [[Galiza]], grupo que constitúe as orixes de [[Acción Gallega]] ([[1910]]). Precisamente, el será un dos fundadores desta asociación agraria. Mais a súa actividade política e o seu claro posicionamento a favor dos labregos non foi visto con bos ollos por parte do bispado, o que lle custou a perda da súa parroquia. Desde ese momento, abandona a Igrexa e comeza a vivir da avogacía, sen abandonar a causa [[Agrarismo|agrarista]]. De feito, foi determinante para que [[Ramón Cabanillas]] (autor do himno de [[Acción Gallega]]) comezase a colaborar co [[Agrarismo|movemento agrario]]. En 1928 foi nomeado Fillo Predilecto de Ourense.
 
En [[1931]], coa instauración da [[Segunda República Española|Segunda República]], consegue ser deputado nas Cortes Constituíntes polo [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]] que lideraba [[Alejandro Lerroux]]. Abandona o partido en abril de [[1935]] e preséntase como candidato centrista aos comicios de febreiro de [[1936]] nos que non consegue escano. O golpe de Estado de [[Francisco Franco]] e o estalido da [[Guerra Civil]] ([[1936]]-[[1939]]) sorprenden a Basilio Álvarez en [[Madrid]], onde tiña o seu despacho de avogado. Sentíndose ameazado polos dous bandos viuse obrigado a se exiliar a [[América]] ([[Arxentina]] nun primeiro momento, logo [[Cuba]] e finalmente os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]).
 
Durante a súa estadía en [[Bos Aires]] colaborou, a pesares dunha diabetes moi aguda, no xornal arxentino ''Crítica''. Os seus artigos foron recopilados ao ano seguinte no libro ''[[España en crisol]]'', onde Basilio Álvarez lembraba o final do período republicano e denunciaba as barbaridades perpetradas pola represión franquista e a incapacidade dos propios políticos republicanos.