Bandeira do arco da vella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q51401
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 1:
[[Ficheiro:Rainbow flag and blue skies.jpg|miniatura|300px|A versión de seis cores da Bandeira do Orgullo Gay é a versión máis empregada actualmente. A versión orixinal de [[1978]] tiña dúas franxas adicionais: [[rosado]] e [[turquesa (cor)|turquesa]]]]
 
A '''bandeira gay''' ou '''bandeira do arco da vella''' (ás veces denominada '''''bandeira da liberdade'''''), foi empregada como [[símbolo]] do orgullo [[gay]] e [[lesbianismo|lésbico]] dende a [[1970|década dos anos 70]]. As diferentes cores simbolizan a diversidade na ''comunidade gay'' e son utilizadas a miúdo en marchas por reclamos. Naceu nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], pero agora é utilizada indistintamente por todo o mundo adiante.
 
A bandeira do arco da vella foi popularizada como símbolo do orgullo gay polo [[artista]] nado en [[San Francisco]], [[Gilbert Baker]], en [[1978]]. Na actualide, consiste en seis franxas de cores vermella, laranxa, amarela, verde, azul e violeta. A bandeira copia a orde das cores segundo se suceden no [[arco da vella]].
 
==Historia==
Había bandeiras semellantes nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] nos primeiros anos da [[1970|década dos 70]], empregadas como símbolo de unidade internacional de toda a xente do [[planeta]], pero a fins desa [[década]], a relación popular desas cores co orgullo gay comezou a dominar. Así mesma, existían bandeiras similares con anterioridade como a oficial da vila de [[Cuzco]], no [[Perú]].
 
A bandeira orixinal foi deseñada por [[Gilbert Baker]]. Ondeou por primeira vez no ''Festival do Orgullo de San Francisco'', o [[25 de xuño]] de [[1978]]. Consistía en oito cores, con cadanseu significado:
Liña 32:
En [[1979]] a bandeira foi modificada de novo. Cando as bandeiras eran pegadas nos postes de luz de San Francisco, as cores centrais camuflábanse cos mesmos postes. Desa forma, o mellor xeito de solucionar ese problema era reducindo a cantidade de cores da bandeira. Desta forma, formouse o deseño actual de seis franxas.
 
Durante os [[anos '80]] a bandeira acrecentou a súa popularidade a nivel nacional nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], e posteriormente foi facendo aparicións no eido internacional.
 
No vixésimoquinto aniversario da súa creación, no [[2003]], o seu creador, Gilbert Baker, intentou volver a popularizar a bandeira de oito franxas orixinal, sen demasiado éxito, xa que a maioría da ''comunidade gay'' inclínase pola máis coñecida bandeira de seis franxas.