Bahrain: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Países de Asia mediante HotCat
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 78:
En [[1932]] comézase a escavar pétroleo na zona. Na década de 1950 comezan a xurdir movementos de reivindicación nacionalista que reclamaban a independencia.
 
En [[1968]] Bahrain integrouse na [[Emiratos Árabes Unidos|Federación de Emiratos Árabes]], aínda que tres anos despois decidiu independizarse, [[14 de agosto]] de [[1971]], manténdose á dinastía dos [[al Khalifa]] á fronte do Estado, e o [[xeque]] asume o título de [[emir]]. Ese mesmo mes asinouse un tratado de amizade con [[Gran Bretaña]] que retirou as súas tropas da rexión e en decembro asinouse un novo tratado cos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] de forma que a mariña americana obtivo permiso para instalarse na base naval de [[al-Jufayr]].
 
En xuño de [[1973]] promulgouse unha nova constitución que deu lugar á elección do primeiro parlamento democrático elixido por sufraxio universal no mes de decembro. Pero, tras saltar un conflito entre a asemblea e o Emir [[Isa bin Sulman al Khalifa]] xusto un ano despois, disolveuse a asemblea nacional e procedeuse á detención de varias decenas de membros da oposición. A constitución foi suspendida e todos os poderes foron asumidos polo Emir [[Isa bin Sulman al Khalifa]].
 
En [[1977]] [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] evacuou a base naval de [[al-Jufayr]]. A revolución iraniana repercutiu no país na década dos 80 debido ao efecto que producía un poder [[Sunnismo|sunní]] sobre unha poboación maioritariamente [[chiísmo|chiíta]], como consecuencia deste feito, en [[1981]] créase o clandestino [[Fronte para a Liberación Nacional]] e [[Irán]] reivindica, de novo, algunhas das illas do emirato. Bahrain asinará entón un acordo de defensa con [[Arabia Saudita]] e entrará a formar parte do [[Consello de Cooperación do Golfo]]. En [[1983]] permitiuse a formación da organización parasindical dos Traballadores do Petróleo.
 
Na década de 1990 creceu a presión por reformas políticas, con protestas durante [[1994]] e [[1995]], á súa vez en [[1996]] o goberno deteiene a 29 persoas acusándoas de estar implicados nun complot para derrocar a monarquía e instaurar unha república islámica acusando a Irán desta conspiración.