Arte de paisaxes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Ámsterdam +Ámsterdan)
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 92:
A paixón do [[Posimpresionismo|posimpresionista]] [[Vincent van Gogh]] pola obra dos seus predecesores, levoulle a pintar a paisaxe [[Provenza|provenzal]] a partir do ano [[1888]]. A súa obra, de cores intensas, nos que as figuras se deforman e curvan, afastándose do realismo, é un precedente das tendencias expresionistas.
 
As escolas nacionais de pintura xurdiron, en gran medida, a través de paisaxistas que se inclinaron por pintar a súa terra, en lugar da tradicional paisaxe italiana. Nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Frederick Edwin Church]], gran pintor de panoramas, realiza amplas composicións que simbolizan a grandeza e inmensidade do continente americano (''As cataratas do Niágara'', [[1857]]). a [[escola do río Hudson]], que destacou na segunda metade do [[século XIX]], é probablemente a máis coñecida manifestación autóctona da arte de paisaxes. Estes pintores crearon obras de tamaño colosal tentando captar o alcance épico das paisaxes que os inspiraron. A obra de [[Thomas Cole]], a quen se recoñece xeralmente como fundador da escola, ten moito en común cos ideais filosóficos das pinturas paisaxísticas europeas, unha especie de [[Fe (relixión)|fe]] secular nos beneficios espirituais que poden obterse da contemplación da beleza natural. Algúns dos artistas posteriores da escola do río Hudson, como [[Albert Bierstadt]], crearon obras menos cómodas, seguramente con esaxeración romántica, que salientaban máis os ásperos, mesmo terribles, poderes da natureza.
 
Conforme os exploradores, naturalistas, mariñeiros, comerciantes e colonos chegaron ás costas do [[Provincias atlánticas de Canadá|Canadá atlántico]] nos primeiros anos da súa exploración, enfrontáronse ao que vían como unha contorna hostil e perigosa e un mar implacable. Estes europeos tentaron dominar este novo territorio sobrecoedor trazando mapas do mesmo, documentándoo e reivindicándoo como propio. O seu entendemento da natureza específica desta terra e os seus habitantes foi moi variada, desde observacións moi exactas e científicas a outras fantásticas ou extravagantes. Estas observacións están documentadas na arte de paisaxes que produciron. Os mellores exemplos da arte de paisaxes canadense poden atoparse na obra do [[Grupo do sete (artistas)|Grupo do sete]], que destacou nos [[anos 1920]].<ref>«Landscapes» en [http://www.collectionscanada.ca/virtual-vault/026018-119.01-e.php?q1=Landscape&PHPSESSID=709io6475tfesngi2m7226ou454 Virtual Vault], unha exposición en liña de arte histórica canadense na Biblioteca e Arquivos do Canadá.</ref>