Amchitka: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 15 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q460282
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 13:
| [[Capital]] ||
|-
| País || [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]
|-
| Localización || [[Océano Pacífico]]
Liña 41:
'''Amchitka''' é unha [[illa]] [[volcán]]ica nunha zona de inestabilidade [[tectónica de placas|tectónica]]. Forma parte do grupo das [[illas Rat]] no sistema formado polas [[illas Aleutianas]] no suroeste de [[Alasca]]. Ten unha lonxitude de 68 [[quilómetro]]s e varía entre os 3 e os 6 quilómetros de anchura. Ten un [[clima oceánico]], con moitas [[tormenta]]s e con ceos xeralmente nubrados.
 
A illa estivo ocupada durante máis de 2.500 anos polos pobos [[Pobo Aleut|aleut]] ou [[esquimó]]s, pero non houbo unha [[poboación]] permanente desde [[1832]]. Incluiuse na [[Compra de Alasca]] de [[1867]], e desde entón formou parte dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] usouse como [[aeródromo]] para as [[Forzas Armadas dos Estados Unidos|forzas estadounidenses]] na [[batalla das Illas Aleutianas]].
 
Amchitka foi elixida pola [[Comisión de Enerxía Atómica dos Estados Unidos]] para levar a cabo [[proba nuclear|detonacións]] de [[bomba atómica|armas nucleares]] baixo terra. levaron a cabo 3 probas deste tipo: ''Long Shot'', que produciu unha explosión de 80 [[quilotón]]s en [[1965]], ''Milrow'', que produciu unha explosión de 1 [[megatón]] en [[1969]] e ''Cannikin'' en [[1971]]. Esta última explosión, de "menos de 5 megatóns", é a maior explosión subterránea nuclear que se levou a cabo en chan estadounidense. As probas tiveron moitas críticas, xa que os [[ecoloxía|grupos ecoloxistas]] tiñan medo de que a explosión ''Cannikin'' en particular puidese desencadear graves [[terremoto]]s e [[tsunami]]s.