Agustí Bartra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 3 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3324600
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 4:
Naceu en [[Barcelona]], descendente dunha familia labrega, e pasou parte da súa infancia en [[Sabadell]]. Ao regresar a Barcelona coa súa familia, entrou a traballar no sector téxtil. En [[1934]] gañou un concurso de contos sociais, e pouco despois comezou a colaborar en ''Amic'' e ''Meridià''<ref>[http://www.joanducros.net/corpus/Agusti%20Bartra.html Corpus Literari de Agustí Bartra], en JoanDucros.net {{ca}}.</ref>.
 
Participou na [[guerra civil española]] co bando [[Segunda República Española|republicano]], e exíliase a comezos de [[1939]]. Estivo nos [[campo de refuxiados|campos de refuxiados]] de Sant Cebrià, Argelers e Agde, antes de chegar a Roissy-en Brie ([[París]]), onde coñece a escritora [[Anna Murià]], tamén exiliada, coa que casou e tivo dous fillos. En [[1940]] embarcan cara á [[República Dominicana]], e despois marchan a [[Cuba]] e [[México]], onde fixan o seu domicilio e funda a revista ''Lletres'' ([[1944]]-[[1947]]). Tivo longas estancias nos [[Estados Unidos de América|EUA]], especialmente entre [[1949]]-[[1950]], [[1960]] e [[1963]], sendo nomenado en [[1969]] catedrático de poesia hispanoamericana na [[Universidade de Maryland]].
 
En [[1970]] regresa a Cataluña, establecéndose en Terrassa. En [[1973]] foi galardonado co [[Premio Carles Riba de poesía]] pola súa obra ''Els himnes'', e en [[1981]] a [[Generalitat de Catalunya]] concedeulle a coa [[Creu de Sant Jordi]]. En [[1982]] recibiu o [[Premio da Crítica de poesía catalá]] por ''Haikús d'Arinsal''.