28 Weeks Later: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado imaxe
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 25:
| filmaffinity = 368386
}}
'''''28 Weeks Later''''' (en [[Lingua galega|galego]], ''28 semanas despois'') é un filme británico/español de suspense e terror que corresponde coa segunda entrega ''[[28 Days Later]]''. O filme foi dirixido por [[Juan Carlos Fresnadillo]] e estreada no [[Reino Unido]] e os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] o [[11 de maio]] de [[2007]].
 
== Argumento ==
Liña 31:
O filme comeza cando Don ([[Robert Carlyle]]) e a súa muller Alice ([[Catherine McCormack]]) que están agochados nunha casa rural das aforas de [[Londres]], xunto con outros superviventes, son atacados polos infectados co virus que xa aparece no filme anterior. Ó momento do ataque, Don e Alice corren xunto a un cativo que chegara pouco antes para refuxiarse, pero Don déixaos atrás e corre até un río próximo onde se salva grazas a unha lancha a motor que estaba preto.
 
Pouco despois, uns subtítulos mostran o desastre causado pola [[infección]], a [[corentena]] de [[Gran Bretaña]], a morte dos infectados por [[inanición]], e a posterior chegada do [[exército]] dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] xunto con forzas da [[OTAN]] a [[Londres]], para comenzar a repoboación 28 semanas despois.
 
Scarlett ([[Rose Byrne]]), médico oficial do Exército de Estados Unidos, examina ós británicos retornados que se atopaban no exterior no momento da infección primaria, e enfádase ó non ser informada polos seus superiores da chegada de menores de idade á zona de seguridade militarizada en Londres designada para a repoboación. Os menores en cuestión son a adolescente Tammy ([[Imogen Poots]]), e o seu irmán menor Andy ([[Mackintosh Muggleton]]). Ambos son examinados previa chegada ó país, e Scarlett nota que Andy ten os ollos de distintas cores ([[heterocromía]]), indagando con el até descubrir que é un fenómeno herdado da súa nai (Alice). Os soldados estadounidenses Doyle ([[Jeremy Renner]]) que é francotirador, e Flynn que pilota un [[helicóptero]], son introducidos na historia facendo bromas acerca do acontecido despois da infección. Andy e Tammy son levados xunto cos outros retornados á zona de seguridade Distrito 1 de Londres (situada na [[Illa dos Cans]] que é o lugar principal no que se desenvolve o filme) en [[Canary Wharf]]. Os rapaces reúnense co seu pai, quen resulta ser Don. No seu novo fogar no ático dun edificio da zona de seguridade, Don, minte ós seus fillos dicíndolles que a súa nai foi asasinada polos infectados e que el non puido facer nada para salvala.