Focénidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 34:
== Diferenzas entre toniñas e golfiños ==
* '''Tamaño:''' as toniñas son máis pequenas (coa excepción citada antes), aínda que comparativamente máis robustas.
* '''Reprodución:''' as toniñas alcanzan a madurez sexual antes, e crían relativamente máis vástagos que os golfiños, poñendo o acento na cantidade e non na calidade da crianza, segundo os parámetros da teoría biolóxica da ''[[selección r''].<br>Nesta teoría chámanse estratexias do '''r''' (reprodución) ás propias das especies que teñen moitas crías, ás que prodigan poucos coidados, polo que poucas sobreviven (taxa de mortalidade moi alta) e sofren grandes descensos da poboación en épocas desfavorábeis, polo cal estas poboacións teñen grandes oscilacións. Adoitan seren especies adaptadas a colonizar medios virxes ou inestábeis, son de pequeno tamaño, de vida media moi curta e idade reprodutora temperá. Son especies oportunistas que basean a súa dinámica na súa reprodución alta, empreando toda a súa enerxía nun crecemento poboacional continuo. Os seus hábitats son inestábeis, polo que a súa migración é alta.<ref>MacArthur, R. e Wilson, E. O. (2001): ''The Theory of Island Biogeography''. Princeton University Press. ISBN 0-691-08836-5.</ref> <ref>
Pianka, E. R. (1970): "On r and K selection". ''American Naturalist'' '''104''': 592-597.</ref>
* '''Dentes:''' as tomiñas teñen dentes aplanados en lugar de en forma cónica como os golfiños.
* '''Aleta dorsal:''' as tiniñas teñen unha aleta dorsal pequena e de forma triangular, e maesmo algunhas non a presentan, como no xénero ''Neophocaena'', meentres que os golfiños teñen estas aletas de formas arredondadas.