Diferenzas entre revisións de «Luís Antón del Olmet»

lig ext
m (engado a Categoría:Finados en 1923 mediante HotCat)
(lig ext)
Nas eleccións de marzo de 1914, como premio ao seu labor, consegue unha acta de deputado por [[Almería]] militando ás ordes de [[Eduardo Dato]]. Para afianzar a súa lealdade á situación funda o 1 de abril ''[[El Parlamentario]]'', do que foi director xerente, voceiro dos intereses do seu xefe político fronte a liberais e mauristas irredentos; aquí publicaron os seus amigos Castelao, [[Fernández Flórez]], [[Francisco Camba]] e Basilio Álvarez. En 1915 apareceu en ''El Parlamentario'', quincenalmente, Acción Gallega, dirixida polo propio Basilio.
 
Dende 1917 soou o seu nome como candidato agrario de Acción Gallega e da Conxunción Republicano-Agrario-Socialista por Celanova, onde tivo como rival a [[Luís Porteiro Garea]], candidato galeguista. Finalmente Antón del Olmet optou por intentar a representación do distrito de Verín; chegou a Ourense en 1920 para facer campaña e fundou ''[[La Raza (Ourense)|La Raza]]'', con Basilio Álvarez como director, para finalmente resultar derrotados. O relato destas andanzas como candidato popular é o tema de ''Galicia, llora''.
 
Foi asasinado en 1923, mentres presentaba unha das súas obras no Teatro Eslava de [[Madrid]]. O autor do asasinato foi o seu socio e colega Alfonso Vidal Planas, a causa dun asunto de amoríos.
*''El general Marina'', 1915 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
*''Robarás, Matarás'', 1918.
*''[http://booksnow2.scholarsportal.info/ebooks/oca4/33/galiciallora00antuoft/galiciallora00antuoft.pdf Galicia, llora]'', 1918.
*''Palacio Valdés'', 1919 (en colaboración con José de Torres Bernal).
*''María Guerrero'', 1919 (en colaboración con José de Torres Bernal).
[[Categoría:Personalidades do xornalismo]]
[[Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados]]
[[Categoría:Nados en Bilbao]]
[[Categoría:Nados en 1886]]
[[Categoría:Finados en 1923]]
94.147

edicións