Ría de Arousa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
edición
Xoacas (conversa | contribucións)
lig. int.
Liña 24:
Os restos do Apóstolo entraron en Galicia pola ría de Arousa e remontaron o río Ulla, arribando á cidade romana de [[Iria Flavia]] (nas inmediacións de [[Padrón]]). O texto máis coñecido que narra a “Traslatio” do corpo apostólico desde Jaffa a Iria e desde alí o seu lugar de enterramento, en Compostela, é o célebre [[Códice Calixtino]] (S. XII), no seu libro III, capítulo 1.
 
Polas tradicións orais e os textos medievais que recolleron o acontecemento, sabemos que, despois dun longo viaxe, iniciado no extremo oriental do Mediterráneo e concluído no occidente do mundo coñecido, Santiago reencontrábase definitivamente coa terra onde difundira o seu legado evanxélico. Parece significativo que a representación máis antiga da barca apostólica co corpo de Santiago apareza nunha moeda do século XII achada no [[Adro Vello]] ([[O Grove]]).
 
Os discípulos que acompañaron o corpo de Santiago ata Galicia, Teodoro e Atanasio, tiveron que agudiza-lo seu enxeño ó enfrontarse coa terquidade da raíña [[Lupa]] e a furia dos romanos acantonados na desaparecida cidade de [[Dugium]], próxima a [[Fisterra]]. Pero ó final venceron os perigos e lograron un lugar digno que servira de enterramento ó seu mestre. O lugar elixido para situa-lo sepulcro xacobeo, nas inmediacións dunha encrucillada de camiños, quedou cuberto durante séculos pola maleza do bosque [[Libredón]]. Este silencio quedou roto no século IX, cando o monxe eremita Paio e o bispo de Iria, Teodomiro, descobren a prezada tumba e, coa axuda do rei [[Afonso II de Oviedo|Afonso II]] O Casto, reorganizan e realzan o culto a Santiago o Maior.