Tecido cartilaxinoso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
O '''tecido cartilaxinoso''' é unha variante especializada do [[tecido conxuntivo]], caracterizado por posuír unha matriz intercelular sólida elástica, constituída por fibras de [[coláxeno]], grazas ás que adquire certa rixidez. Non está [[vaso sanguíneo|vascularizado]] nin posúe [[nervio|inervación]]. Nos [[mamífero]]s constitúe a maior parte do [[esqueleto]] [[feto|fetal]] e, no estado adulto, permanece en certos órganos e nas superficies [[articulación (anatomía)|articulares]]. As pezas constituídas por tecido cartilaxinoso denomínanse '''cartilaxes'''.
 
O elemento ''condr-'', de orixe [[lingua grega|grega]], ''chóndros'', forma parte de termos técnicos relativos ás cartilaxes (''[[condrite]]'', [[inflamación]]; ''[[condroma]]'', tumor; ''condrectormía'', extirpación). Por veces adopta a forma ''condro-'' (''condrodistrofia'', raquitismo fetal; ''condromalacía'', rebrandecemento patolóxico).
 
O tecido cartilaxinoso cumpre a función de protexer e dar estrutura a certos órganos (como a [[larinxe]] ou a [[traquea]]) ou reducen o rozamento entre as superficies articulares e amortece os traumatismos sobre estas. Noutros casos dan forma a certas estruturas, coma o nariz ou o pavillón auricular.