Guillerme X de Aquitania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 21:
En cuestións de política internacional, Guillerme X apoiou nun principio ao [[antipapa]] [[Anacleto II, antipapa|Anacleto II]], nas loitas do [[cisma]] de 1130, opoñendose ao Papa [[Inocencio II, papa|Inocencio II]], e en contra do desexo dos seus propios bispos. No ano 1134, [[Bernardo de Claraval]] convenceu a Guillerme de que abandoase o partido de Anacleto e apoiase a Inocencio. Sobre este feito, axiste a lenda de que Guillerme, farto da insistencia do monxe, decide terminar dunha vez con esas molestias e irrumpe armado na igrexa de [[Partenay]] onde san Bernardo estaba celebrando misa. Ao ver entrar ao duque, o abade foi ao seu encontro levando nas mans o cáliz e a hostia. Sometido pola forza que emanaba do home santo, Guillerme caeu de xeonllos, cheo de arrepentimento e someteuse ao que se lle pedía<ref>Régine Pernaud: ''Eleonora d'Aquitania'' (trad. italiana), ed. Jaca Book, Milán, pax. 43</ref>.
 
En 1137 Guillerme iniciou a [[peregrinación a Santiago de Compostela]], tal vez para expiar os seus pecados, pero morreu no camiño, posiblemente dunha intoxicación alimentaria. Sabéndose morrer, escribiule unha carta ao rei [[Luís VI de Francia]] encomendándolle a protección da súa filla e herdeira Leonor, que entón tiña quince anos, e pedíndolle que lle atopase un marido axeitado. Luís VI acetou o encargo e casou á herdeira de Aquitania co seu propio fillo, o futuro [[Luís VII de Francia]]. DesteCoa xeito,intención de que o ducado de Aquitania e o reino de Francia quedaron xa unidos, aínda que o devalar dos acontecementos posteriores non fixo tan simple esta manobra política.
 
==Personaxe literaria==
A súa morte camiño de Santiago, levou ao seu trovador [[Cercamon]] a compoñer un [[planh (xénero literario)|planh]], unha elexía na súa honra coñecida como ''Lo plaing comenz iradamen''<ref>Tradución propia a partires de ''Troubadour Poems from the South of France'' pax. 49.</ref>: