Damián de Molokai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
Fillo de labregos, entrou como novicio na Congregación dos Sagrados Corazóns en Lovaina o 2 de febreiro de [[1859]]. O 19 de marzo de [[1864]] chegou como misioneiro a Honolulú (Hawai), onde uns días máis tarde foi ordeado [[sacerdote]].
 
O Reino de Hawai sufría unha crise de saúde severa por mor do contaxio por parte de mercaderes extranxeiros de enfermidades descoñecidas como o [[gripe]] ou a [[sífile]]. Asemade proliferaba a [[lepra]]. En condicións inhumanas o goberno concentrou estes doentes na illa de Molokai. Damián acudiu a ese lugar onde a loita pola supervivencia xeraba caos, violencia e degradación humana. Organizou comunidades, asistencia sanitaria, educación e actividades productivas e culturais e reclamou os dereitos dos doentes ata que el mesmo se contaxiou, morrendo de lepra tras cinco anos de padecementos e sen abandonar ás súas comunidades.
 
==Significación==
Aínda que padeceu incomprensión por parte das autoridades, o seu labor acabou sendo recoñecido ao recibir a orde de Cabaleiro Comandante da Real Orde de Kalākaua, por parte do rei David Kalākaua.
 
Os seus restos repousan en Lovaina, Bélxica. Os hawaianos, co gallo da súa incorporación como estado federado aos [[Estados Unidos]] elexiron a Damián de Molokai para que a súa estatua os representara no [[Capitolio dos Estados Unidos]] en [[Washington]].
 
Foi beatificado por [[Xoán Paulo II]] o 4 de xuño de [[1995]] e canonizado por [[Bieito XVI]] o 11 de outubro de [[2009]].
 
==Véxase tamén==