Diferenzas entre revisións de «Historia de Galicia»

m (Bot: Arranxando ligazóns a proxectos Wikimedia e aplicando enderezos URL de protocolo relativo)
{{AP|Reino Suevo}}
[[Ficheiro:Sueben coin II.jpg|miniatura|dereita|190px|Moeda de ouro sueva datada entre os anos 410 e 500.]]
A comezos do [[século V]], o [[Imperio Romano de Occidente]] experimentou unha grangrande inestabilidade militar, económica e política. Dende o centro de [[Europa]] (especialmente desde o territorio da actual [[Alemaña]]), numerosos pobos [[xermanos]] —[[suevos]], [[saxóns]], [[francos]], [[alanos]] e outros— comezaron atacar os postos fronteirizos romanos no río [[Rhin]], irrumpindo finalmente no Imperio o 31 de decembro do ano [[406]] e asentándose no seu interior polas armas, mais tamén grazas a pactos pacíficos.
 
Arredor do ano [[409]], dirixidos polo seu rei [[Hermerico]], gran parte dos [[suevos]] (estímase que sobre 40.000 persoas) chegaron á provincia romana da ''Gallaecia'', onde lograron instalarse mediante un posible pacto con [[Imperio Romano de Occidente|Roma]], decidindo establecer a súa capital na cidade de [[Bracara Augusta]] ([[Braga]], [[Portugal]]). Este pacto chamado ''foedus'' permitía aos [[suevos]] gobernar a provincia da ''Gallaecia'' como un reino propio (''Galliciense Regnum'') mentres que estes aceptasen o emperador romano como o seu superior. O historiador galaico [[Hidacio]] narraba entón que os suevos foran ben recibidos pola poboación galaico-romana, pois aliviaron os impostos.
Usuario anónimo