Anaheim Ducks: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 37 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q192751
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 30:
Os ''Mighty Ducks of Anaheim'' (traducible ao galego como "''Os poderosos parrulos''") foi fundado en [[1993]] pola compañía multinacional de entretemento [[Walt Disney Company]]. O nome para o equipo foi escollido a partir da película de Disney ''The Mighty Ducks'', baseada na historia de auto-superación dun grupo de mozos desafortunados que pasan de ser un dos peores equipos a ser uns campións.<ref>[http://www.filmaffinity.com/es/film593197.html Apunta da película]Filmaffinity.com</ref> A boa acollida da película fixo mesmo que a compañía lanzase unha serie de animación titulada ''Mighty Ducks'', baseada nun club de hockey formado por patos.
 
O novo equipo estaría situado en [[Anaheim, California|Anaheim]], preto de [[Disneyland]], e xogaría os seus partidos como local no [[Fonda Center|Anaheim Area]] (actual Fonda Center). Como primeira elección de draft do equipo, os Mighty Ducks escolleron á nova promesa [[Paul Kariya]]. Rapidamente este xogador converteríase nun dos favoritos da inchada de Anaheim e nun dos estandartes da franquía.
 
As primeiras tempadas do equipo non foron especialmente boas, cun discreto debut en [[1994]] no que o club quedou cuarto na súa división, e na tempada seguinte quedarían últimos. A situación cambiaría en 1996, cando o club sela un acordo de varios traspasos cos [[Winnipeg Jets]] entre os cales destacan [[Chad Kilger]] e futuras eleccións de draft como [[Teemu Selanne]] ou [[Marc Chouinard]] que nun futuro foron decisivas para a consolidación do club.