Guillerme X de Aquitania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3074801 de Angeldomcer (conversa)
Liña 17:
Tamén dentro do seu ducado tivo que facer fronte á alianza dos Lusignans e os Parthenays en contra del, resolveu o conflito coa total destrución dos seus inimigos. En cuestións de política internacional, Guillerme X apoiou nun principio ao [[antipapa]] [[Anacleto II, antipapa|Anacleto II]], nas loitas do [[cisma]] de 1130, opoñendose ao Papa [[Inocencio II, papa|Inocencio II]], e en contra do desexo dos seus propios bispos. No ano 1134, [[Bernardo de Claraval]] convenceu a Guillerme de que abandoase o partido de Anacleto e apoiase a Inocencio.
 
En 1137 Guillerme iniciou a [[peregrinación a Santiago de Compostela]], tal vez para expiar os seus pecados, pero morreu no camiño, posiblemente dunha intoxicación alimentaria. Sabéndose morrer, escribiule unha carta ao rei [[Luís VI de Francia]] encomendándolle a protección da súa filla e herdeira Leonor, que entón tiña trecequince anos, e pedíndolle que lle atopase un marido axeitado. Luís VI acetou o encargo e casou á herdeira de Aquitania co seu propio fillo, o futuro [[Luís VII de Francia]]. Deste xeito, o ducado de Aquitania e o reino de Francia quedaron xa unidos.