Éamon de Valera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 46 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q173347
m *voltar -> volver
Liña 31:
Entusiasta da [[lingua irlandesa]] inscribiuse en 1908 no Ardchraobh da [[Liga Gaélica]] e alí coñeceu a Sinéad Flanagan con quen casou en 1910, partidario da autonomía uniuse aos ''[[Óglaigh na hÉireann]]'' cando esta organización se formou en novembro de 1913, capitán da compañía de [[Donnybrook]] (distrito de Dublín) mentres se preparaba un levantamento armado foi nomeado comandante do terceiro batallón e axudante da brigada de Dublín e entrou na organización secreta [[Irmandade Irlandesa Republicana]].
 
O 24 de abril de 1916 produciuse o levantamento de Pascua, De Valera mandaba a gornición de Boland's Mill e resistiu durante sete días ata que [[Pádraig Pearse]] ordenou renderse. Xulgado por un tribunal militar foi condenado a morte inda que indultado o [[9 de maio]] de [[1916]], quizais a causa de ser el cidadán norteamericano. Liberado en xuño de 1917 nunha amnistía voltouvolveu a Irlanda e uniuse ao [[Sinn Féin]] elixido membro da [[Cámara dos Comúns (Reino Unido)|Cámara dos Comúns]] en 1917 e presidente do Sinn Féin que obtivo 73 dos 104 parlamentarios irlandeses nas eleccións xerais de 1918. En maio de 1918 voltouvolveu ao cárcere pola campaña do Sinn Féin contra a ampliación a Irlanda do servizo militar obrigatoria e non puido asistir á xuntanza na que os parlamentarios do Sinn Féin se constituían en Parlamento de Irlanda (Dáil Éireann) elixindo un goberno. En febreiro de 1919 fuxiu do cárcere e en marzo foi nomeado Príomh Aire, equivalente a primeiro ministro. En xuño de 1919 entrou nos Estados Unidos para realizar unha campaña de propaganda para recadar fondos, conseguindo 6 millóns de dólares, entrementres en Irlanda o Parlamento irlandés foi declarado ilegal en decembro de 1919 polas autoridades británicas e aumentaba a escalada da coñecida como [[Guerra de Independencia Irlandesa]], [[Michael Collins (político)|Michael Collins]], o seu ministro de facenda exercía como primeiro ministro de facto, en decembro de 1920 de Valera volta a Irlanda e en agosto un cambio na constitución permítelle asumir o posto de Presidente da República de Irlanda. Polo [[Tratado Anglo-Irlandés]] de decembro de 1920 o Reino Unido recoñecía a independencia de 26 dos 32 condados irlandeses como [[Estado Libre de Irlanda]] pero que mantiña vincallos coa monarquía británica. De Valera mostrouse contrario ao tratado propoñendo como solución de compromiso unha asociación externa ao Imperio Británico que mantivera o carácter republicano de Irlanda e unha política exterior propia, despois da aprobado polo Parlamento por 64 votos contra 57 de Valera dimitía como presidente e cunha ampla minoría de deputados do Sinn Féin retirouse do Parlamento. Ao estoupar a [[Guerra Civil Irlandesa]] entre partidarios e contrarios ao tratado de Valera incorporouse nominalmente á súa antiga unidade, o terceiro batallón de Dublín e inda que líder dos antitratado na práctica non tiña poder real de decisión, este quedaba en manos da dirección militar de [[Liam Lynch]]. O [[25 de outubro]] de [[1922]] de Valera e os parlamentarios antitratado formaron un goberno republicano que non tivo autoridade real. Tras o cesamento das hostilidades de Valera foi arrestado ata 1924. Logo de perder unha votación no Sinn Féin para que este aceptara a constitución do Estado Libre, de Valera dimitiu como presidente do partido e formou en 1926 un novo partido, o [[Fianna Fáil]]. Nas eleccións xerais de 1932 o Fianna Fáil convérteuse no partido máis votado e de Valera formou goberno, retendo tamén a carteira de exteriores. Na [[Guerra Civil española]] mantivo unha política de non intervención fronte ás dúas ás nas que se dividiu o seu partido, unha favorable aos republicanos e outra aos franquistas.
 
Un dos grandes éxitos de Valera foi a aprobación da Constitución de 1937 que converteu a Irlanda nunha república e de Valera foi o seu primeiro presidente, posto que mantivo ata 1948. A situación da lingua gaélica foi para de Valera unha fonte de amargura ao non conseguir que rexurdira como lingua popular dos irlandeses. Foi [[Taoiseach]] en 1951-1954 e 1957 e 1959 e de novo presidente da república de 1959 a 1973.