William Blake: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver
Liña 10:
Un primeiro [[opúsculo]], ''Poetical Sketches'' (1783) (Esbozos poéticos), contén as súas poesías compostas entre os doce e vinte anos de idade. Demasiado pobre para afrontar os gastos de imprensa das súas obras, fíxose o seu propio editor. Publicou así os ''Songs of Innocence'' (Cantos de Inocencia), ornamentados cos propios deseños (1799), obra singular, que acadou éxito, o que o animou para publicar do mesmo modo e sucesivamente: ''Books of Prophecy'' (1791) (Libros de profecía); ''Gates of Paradise'' (1793) (As portas do Paraíso) ; ''America, a prophecy'' (1793) (América, unha profecía); ''Europe, a prophecy'' (1794) (Europa, unha profecía); ''Songs of Experience'' (1794) (Cantos de experiencia). Ao mesmo tempo, puido mostrar, en varias exposicións da Academia Real, as súas pinturas alegóricas, históricas e relixiosas. Publicou ''The Marriage of Heaven and Hell'' (1790) (O matrimonio do Ceo e o Inferno), [[sátira]] de "Heaven and Hell" de [[Emmanuel Swedenborg]].
 
En 1797 emprende unha edición ilustrada das "Noites" de Young, que deixou inacabada, pois marchou a vivir en [[Felpham]], perto do poeta [[William Hayley|Hayley]], para quen realizou deseños e pintou algúns retratos. Ao cabo de tres anos voltouvolveu para Londres.
 
Os seus cuarenta deseños gravados por Schiavonetti para unha edición do poema de [[Robert Blair]]: [[The Grave]] (1808) (A tumba), foron moi admirados, como a súa grande estampa a "Peregrinación a Canterbury" (1809), chea de carácter. Mentres, continuaba compondo, ilustrando e imprentando estraños poemas: ''Xerusalén, emanación do xigante Albion'', ''Milton, un poema'' (1804), ''Xob'' (1826), etc. O máis orixinal é ''Xob'', con gravuras máis definidas.
Liña 17:
 
== As visións de Blake ==
Desde novo, William Blake proclamou ter [[Visión (religión)|visións]]. As máis temperás ocorreulle entre oito e dez anos en [[Peckham Rye]], [[London]], cando manifestou ter visto unha árbore con anxos "adornando cada póla como estrelas". Segundo o biógrafo [[Era vitoriana|vitoriano]] de Blake, Gilchrist, voltouvolveu a casa para contar a súa visión, pero só se librou de ser trallado polo seu pai grazas á intervenzón da nai. Aínda que toda evidencia suxire que seus pais foron largamente comprensivos, sobre todo súa nai, con varios dos primeiros debuxos e poema de William que decoraban as paredes do seu cuarto.
 
Noutra ocasión, Blake veu xentes traballando nunha meda e pensou que eran figuras anxélicas entre as que el camiñaba. Da súa madurez, a súa esposa podería contar a vez en que el veu a cabeza de Deus "posta na fiestra".