Tucídides: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 70 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q41683
m *voltar -> volver
Liña 11:
Tería uns vinte tantos anos cando se declarou a [[Guerra do Peloponeso]] en [[-431|431]]. Contraeu a [[Peste de Atenas|peste]] que asolou Atenas entre [[-430|430]] e [[-427|427]] que se levou a [[Pericles]] en [[-429|429]] xunto con outros miles de atenienses. En [[-424|424]] foi nomeado [[estratego]] (xeneral) e asignóuselle o mando dunha escuadra de sete barcos estacionados en Tasos, probabelmente polas súas relacións coa zona. Durante o inverno de 424/3, o xeneral espartano [[Brásidas]] atacou [[Anfípolis]], a medio día de navegación ao oeste de Tasos na costa tracia. Eucles, o comandante ateniense de Anfípolis pediulle axuda a Tucídides. Brásidas, coñecedor da súa presenza e da súa influencia sobre a xente de Anfípolis, tiña medo de que chegase axuda polo mar, polo que actuou rapidamente para ofrecerlles uns termos de rendición moderados aos habitantes, que aceptaron. Así, cando Tucídides chegou, Anfípolis estaba xa baixo control espartano. Anfípolis era de importancia estratéxica considerábel e a noticia causou tan grande consternación en Atenas que foi exiliado. Utilizando a súa situación de Atenas para navegar libremente entre os aliados [[peloponeso|peloponesios]], tivo a oportunidade de ver a guerra desde a perspectiva dos dous bandos. Durante este período levou a cabo unha parte importante da súa investigación histórica.
 
O resto dos datos que se coñecen da súa vida procede de fontes antigas posteriores menos fiábeis. Segundo [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]], alguén de nome Enobio logrou que se aprobase unha lei que lle permitise a Tucídides voltarvolver a Atenas, probabelmente pouco despois da rendición desta e do final da guerra no ano 404. Pausanias engade que Tucídides foi asasinado polas costas en Atenas. Existen dúbidas sobre estes feitos, dado que hai indicios que permiten facer pensar que vivía no [[-397|397]]. [[Plutarco de Queronea|Plutarco]] asegura que os seus restos foron devoltos a Atenas e colocados no mausoleo familiar de Cimón.
 
O remate abrupto da súa narrativa, que se detén no medio do ano [[-411|411]] parece suxerir que morreu cando aínda estaba a escribir o libro.