Transposón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q121438
m *voltar -> volver
Liña 31:
* O primeiro transposón foi descuberto no [[millo]] (''Zea mays''), por Barbara McClintock en [[1948]]. A investigadora deuse de conta da existencia de [[inserción]]s, [[deleción]]s e [[translocación cromosómica|translocación]]s causadas por estes transposóns. Estes cambios no xenoma podían provocar, por exemplo, cambios na cor dos graos do millo. Sobre un 80 % do xenoma total do millo está formado por transposóns. O sistema descuberto por McClintock eran transposóns de Clase II.
* Unha familia de transposóns na mosca da froita ''[[Drosophila melanogaster]]'' son os ''[[elemento P|elementos P]]''. Parece que apareceron na especie a mediados do século vinte. En 50 anos esparexéronse por tódalas [[poboación]]s da especie e outras especies. Poden utilizarse elementos P artificiais para inserir xenes en ''Drosophila'', inxectándollos nos [[embrión]]s. Para máis información do uso de elementos P como ferramenta xenética ver [[transposóns como ferramenta xenética]].
* Os transposóns en [[bacteria]]s normalmente levan xenes adicionais para outras funcións ademais da transposición —como por exemplo para [[resistencia a antibióticos]]. Nas bacterias os transposóns poden saltar do ADN [[Cromosoma|cromosómico]] a ADN [[plásmido]] e voltarvolver, permitindo a transferencia e adición permanente de resistencia a antibióticos (poden crearse cadeas bacterianas [[multirresistencia|multirresistentes]] con esta técnica). Os transposóns bacterianos deste tipo pertencen á familia Tn. Cando os elementos que se traspoñen non levan xenes adicionais son [[secuencia de inserción|secuencias de inserción]].
* A forma máis común de transposón en [[humano]]s son as [[secuencia Alu|secuencias Alu]]. Teñen unhas 300 bases de longo e poden atoparse entre 300.000 e un millón de copias no xenoma.
* A transposición do fago Mu é un bó exemplo de [[transposición replicativa]]. O mecanismo de transposición é similar á [[recombinación homóloga]].