Simplificación da escritura chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q185614
m *voltar -> volver
Liña 9:
Por unha banda, o chinés clásico (文言 ''wényán'') era unha lingua totalmente diferente da lingua vernácula (白話 ''báihuà'') que se falaba, e fórase impondo a idea, alentada por intelectuais como [[Hu Shih]], de que debía definirse unha nova lingua padrón baseada no idioma falado. En paralelo a esta defensa dunha lingua nacional máis achegada á linguaxe cotián, houbo tamén intelectuais que adoptaron unha postura aínda máis radical, defendendo que o [[sistema de escritura]] en sí debía ser abolido ou reformado. Algúns, como o escritor [[Lu Xun]], chegaron a propór a adopción do alfabeto latino para o chinés. Para estes intelectuais, o sistema de escritura chinés, cos seus milleiros de caracteres, supuña unha traba para o progreso tecnolóxico da China, debido a que os nenos na escola debían inverter moitos anos de estudo para chegar a dominar a [[escritura]], o cal sería motivo de retraso na aprendizaxe doutras disciplinas.
 
A pesar do ímpeto das ideas revolucionarias da época, a posibilidade de romanizar o idioma nunca estivo preto de voltarsevolverse realidade xa que, por un lado, convertiría en analfabetos a quen xa sabían ler e escribir, que terían que aprender un novo sistema, e, por outro, o apego dos chineses ao seu sistema de escritura facía difícil a aceptación dunha reforma tan radical. Esta segunda razón é talvez a máis importante, pois en vietnamita e en coreano, as outras dúas linguas que se escribían con caracteres chineses, o uso dos caracteres foi abolido, case na súa totalidade, ao longo do s. XX.
 
Fronte ao camiño radical seguido por vetnamitas e coreanos, en China, como en Xapón, acabaríase impondo a idea máis conservadora de modificar gradualmente o sistema de escritura substituíndo as formas normativas dalgúns caracteres de uso moi frecuente por outras máis simples. A este proceso llese chamou '''simplificación dos caracteres chineses''' (漢字簡化 /汉字简化 ''hànzì xiǎnhuà''). Nótese que a "simplificación" refírese a unha redución do número de trazos. Como se comenta máis adiante neste artigo, non está claro en absoluto que ditos caracteres con menor número de trazos sexan máis doados de aprender que os caracteres tradicionais.