Ramón Cabrera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 10 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q966108
m *voltar -> volver
Liña 7:
Baixo as ordes de Manuel Carnicer, Carlos ascendeuno a coronel en 1834 e tras a captura e execución de Carnicer polos liberais, quedou ao mando das tropas carlistas do [[Maeztrazgo]] e o Baixo Aragón, e logrou derrotar unha e outra vez aos xenerais isabelinos e aumentar o territorio baixo o seu control, pero tamén destacou pola crueldade dos seus métodos. A fins de 1835 tiña baixo o seu mando a 4.000 homes e aínda que unha derrota en [[Molina de Aragón]] freou temporalmente o seu avance, aínda que dende [[Cantavieja]] conseguiu xuntar de novo as súas partidas, creou unha xunta auxiliar gobernativa e editou o ''Boletín del Ejército Real de Aragón, Valencia y Murcia''. Tras o fusilamento dos alcaldes de Torrecillas e Valdealgorfa por orde de Cabrera a comezos de 1836, o xeneral [[Agustín Nogueras]] ordenou o fusilamento da súa nai, o que tan só conseguiu que a loita se volvera máis sanguiñenta e comezou a ser coñecido como ''O Tigre do Maeztrazgo'' Entre xuño e novembro de 1836, colaborou co xeneral [[Miguel Gómez Damas]] na expedición que percorreu [[Andalucía]] e [[Extremadura]]. De maio a outubro de [[1837]] participou na Expedición Real, que encabezaba o pretendente Carlos María Isidro e que chegou ás portas de [[Madrid]].
 
En xaneiro de [[1838]] conquistou [[Morella]] e converteuna na capital do territorio baixo o seu control, e o pretendente nomeouno conde de Morella. Non aceptou o convenio de Vergara que asinaron os xenerais [[Baldomero Espartero]] e [[Rafael Maroto]] e que puxo fin á guerra carlista no norte. Cabrera quedou como único xeneral da causa carlista. En maio de 1840 Espartero conquistou Morella e Cabrera fuxiu ao norte de Cataluña, onde permaneceu ata que en xullo cruzou a fronteira francesa. O goberno francés mantívoo confinado durante algúns meses ata que lle permitiu marchar a [[Inglaterra]]. Cabrera opúxose á abdicación do pretendente no seu fillo Carlos Luís que se produciu en 1845. En 1848 durante a [[Segunda Guerra Carlista]] entrou en España e púxose á fronte das partidas carlistas en Cataluña, Aragón e Valencia, pero en abril de 1849, derrotado, cruzou a fronteira francesa, onde as autoridades francesas detivéronno ata que a fins de ano pode voltarvolver a Inglaterra, onde en 1850 casou cunha rica propietaria, Marianne Catherine Richards, e en 1854 fixou a súa residencia en [[Wentworth]], preto de Londres e arredouse dos seus antigos camaradas, aínda que seguiu a formar parte da Comisión Rexia de París e en outubro de 1869 asumiu a xefatura militar e política do carlismo, creou unha Xunta Central Militar e organizou as bases dun novo partido, a Asociación Católica-Monárquica, malia iso as discrepancias co pretendente e con notables figuras do carlismo levaron á súa dimisión en marzo de 1870. En 1875 recoñeceu a [[Afonso XIII]] como lexítimo rei de España e o goberno español confirmou o seu título de Conde de Morella e o rango de capitán xeneral do exército.
 
{{ORDENAR:Cabrera, Ramon}}