Post-rock: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m *voltar -> volver
Liña 38:
Outra das localizacións máis importantes dentro do movemento post-rock é [[Montreal]], onde [[Godspeed You! Black Emperor]] e outras bandas semellantes como Do Make Say Think, A Silver Mt. Zion e Fly Pan Am entre outras, gravan e editan os seus discos a través do selo Constellation Records, unha das discográficas máis importantes do xénero.
 
A principios dos anos 2000, o termo "post-rock" voltousevolveuse controvertido, xa que moitos críticos condenaron o seu uso. Incluso bandas consideradas parte do movemento como [[Cul de Sac]], [[Tortoise]] e [[Mogwai]], comezaron a rexeitar o termo. A gran cantidade de estilos que cubría fixeron que perdera gran parte da súa utilidade. Bandas como [[My Bloody Valentine]] son frecuentemente consideradas parte do "post-rock" como consecuencia do uso excesivo do termo cando se caracterizan bandas con un aspecto máis "experimental".
 
Algúns grupos relativamente "comerciais" como [[Yourcodenameis:milo]] e [[Hope Of The States]] adoptaron o enfoque compositivo de bandas como [[Mogwai]]. Porén, o movemento non foi demasiado influente no ''mainstream''. Bandas como Akira, Red Sparowes e Agents in Panama seguen sendo parte do ''underground''. Cabe destacar o recoñecemento recibido de certas bandas como a islandesa [[Sigur Rós]], [[Explosions in the Sky]], [[Pelican]], [[I'msonic Rain]] e [[Mono (grupo musical)|Mono]], cuns niveis de popularidade que foron medrando nos últimos anos.