Paul Cézanne: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
m *voltar -> volver
Liña 45:
 
Cézanne pasou o ano [[1878]] no [[Mediodía francés|Mediodía]], con [[Hortense Fiquet]] e mailo seu fillo Paul (1872—1947).<ref>[http://content.cdlib.org/view?docId=tf796nb4fk&chunk.id=c02-1.8.7.3.92&brand=oac]</ref> En marzo, o seu pai descubriu o asunto de Hortense e ameazouno con romper con el financeiramente, mais no mes de setembro, decidiu subirlle a asignación a 400 francos. Entre [[1879]]-[[1880|80]] pasou parte do inverno en [[Melun]], aproveitando para pintar a paisaxe cuberta de [[neve]]. Entre as obras mestras deste período está a vista da ''Ponte de Maincy''. [[Ficheiro:Paul Cézanne 044.jpg|Vista de Marsella dende a casa de L´Estaque|miniatura|esquerda]]
En agosto de 1880 marchou a casa de [[Zola]] en [[Médan]], nas beiras do [[río Sena]] onde coñeceu a [[Joris-Karl Huysmans|Huysmans]]; aproveitou para pintar ao aire libre. O seu pai, debido á vida que levaba deixou de axudalo economicamente. En maio de [[1881]], coñeceu a [[Gauguin]] na casa de [[Pissarro]] en [[Pontoise]]; en outubro voltouvolveu a Aix, onde o seu pai Louis-Auguste fixéralle un obradoiro pra que pintase en [[Jas de Bouffan]].<ref name= GG />Atopábase no andar superior da casa, proporcionóuselle unha grande fiestra, que permitía a entrada da luz do norte. A familia Cézanne fixo definitivamente o seu fogar en L'Estaque, e a partir de entón só en raras ocasións abandonou a Provenza. O traslado reflite unha nova independencia respecto aos impresionistas, centrados en [[París]], e a preferencia do pintor polo sur, a súa terra nai.
 
En L'Estaque recibiu a visita de [[Pierre-Auguste Renoir|Renoir]] ([[1882]]), quen quedou abraiado coa beleza da paisaxe. Ese ano foi a única vez na que puido expor no [[Salón de París]], grazas a intervención do seu amigo o artista Antoine Guillemet, ''Retrato de Louis-Auguste Cézanne, pai do artista, lendo 'l'Evénement''', 1866 (National Gallery, Washington).<ref>Gowing, 1988, p. 110</ref> Sendo pouco o recoñecemento que obten pola crítica oficial. Naquel entón, deixou de traballar en estreita relación con Pissarro. Coñecera ao pintor [[Adolphe Joseph Thomas Monticelli|Monticelli]] en [[Marsella]] na década de [[1860]], e entre [[1878]] e [[1884]] os dous artistas a míudo pintaron paisaxes xuntos, percorrendo nunha ocasión durante un mes o campo de Aix. En [[1883]] morreu [[Manet]], nova que afectou a Cézanne. En decembro reuníronse con el en L'Estaque, Monet e mais Renoir.
Liña 59:
Ao ano seguinte, expón en [[Bruxelas]] con [[Les XX]], un grupo de pintores moi activos.<ref name= GG />Non obstante, o seu período idílico en Jas de Bouffan foi só temporal. Dende [[1890]] ata a súa morte, sucedéronse acontecementos perturbadores que fixérono illarse máis, adicándose en exclusiva á pintura. Entre [[1887]] e [[1893]], só recibe a visita duns poucos iniciados, como os marchantes de arte J. Tanguy e [[Ambroise Vollard]].
 
En 1890 foi diagnosticado de [[diabete]], o que desestabilizou a súa personalidade ata o punto de afectar a súa relación con Hortense. Buscando unha reconciliación viaxou a [[Suíza]], con Hortense e mailo seu fillo. Porén, Cézanne axiña voltouvolveu vivir na Provenza, marchando Hortense e o xove Paul a [[París]]. As necesidades financeiras obrigaron a Hortense a volver á Provenza instalándose nunha vivienda separada. Cézanne trasladouse entón coa súa nai e maila súa irmá.
[[Ficheiro:Cézanne Bibémus 01.jpg|miniatura|dereita|Casa de Cézanne nas canteiras de Bibémus, Aix-en-Provence]]
[[Ficheiro:Paul Cezanne La Montagne Saint Victoire Barnes.jpg|Montaña Sainte-Victoire|miniatura]]