Diferenzas entre revisións de «Nazgûl»

m
*voltar -> volver
m (Bot: Retiro 27 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q308661)
m (*voltar -> volver)
Os Nazgûl fixeron a súa primeira aparición arredor do 2251 S.I. e axiña se erixiron como os servos principais de Sauron, menos de tres séculos despois de seren forxados os aneis. Dispersáronse logo do primeiro derrocamento de Sauron en 3434 a mans da [[Última Alianza de Elfos e Homes]], mais a súa supervivencia quedou garantida de todos os xeitos ao ter sobrevivido o Anel Único.
 
Rexurdiron en torno ao 1300 T.I., cando o Señor dos Nazgûl, o [[Rei Bruxo de Angmar]], tamén coñecido como o Capitán Negro e o Señor de Morgul, liderou as hostes de Sauron contra os reinos sucesores de [[Arnor]]: [[Rhudaur]], [[Cardolan]] e [[Arthedain]]. Foi finalmente derrotado na loita en 1975 e voltouvolveu para [[Mordor]], reunindo aos demais Nazgûl en previsión do regreso de Sauron ao seu reino, e tendo acadado o seu obxectivo de destruír todos os reinos sucesores de Arnor.
 
En 2000, os Nazgûl asediaron [[Minas Ithil]] e capturárona dous anos máis tarde. A partir daquela a cidade pasou a chamarse [[Minas Morgul]], o bastión dos Nazgûl, desde onde dirixiron a reconstrución dos exércitos de Sauron; tamén se fixeron cun ''[[palantír]]'' para o Señor Escuro.
103.099

edicións