Maine, Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 140 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q724
m *voltar -> volver
Liña 50:
Os nativos indíxenas vivían na rexión onde actualmente está localizade Maine millares de anos antes da chegada dos primeiros exploradores [[Europa|europeos]]. Vivían en Maine dúas tribos indíxenas, os [[abenaki]] e os [[etchemin]], da familia amerindia dos [[algonquino]]s. Os algonquinos eran primariamente sedentarios. Tribos nómades [[iroquesa]]s constantemente atacaban os algonquinos na rexión.
 
O primeiro europeo en desembarcar en Maine foi [[John Cabot]] ou [[Giovanni Caboto]], un [[Italia|italiano]] ao servizo da coroa británica, en [[1498]]. Os [[Francia|franceses]] exploraron a rexión varias veces ao longo do [[século XVI]]. O primeiro asentamento foi en [[1607]], cando un grupo de colonos financiados por [[Ferdinando Gorges]] e [[John Pophan]] criaron a ''Popham's Colony'', próxima á [[foz]] do [[Río Kennebec]]. Este grupo de colonos estaba liderado por Pophan. Os colonos enfrontáronse ao longo do [[inverno]] de 1607/[[1608]] un frío moito intenso, falta de alimentos, [[roupa]]s e outros materiais importantes e a adversidade dos indíxenas da rexión. Pophan morreu durante este inverno, e os colonos, desmotivados, decidiron voltarvolver ao Reino Unido na [[primavera]] de [[1608]], construíndo un barco, o ''Virxinia'', o primeiro barco construído no Estados Unidos. Foi en [[1623]] cando se fundou en Maine un asentamento permanente.
 
En [[1622]], unha axencia gobernamental do Reino Unido cedeu a [[Ferdinando Gorges]] e [[John Mason]] a área que compoñen actualmente Maine e [[Nova Hampshire]]. Esta terra foi dividida entre ambos. Mason recibiu Nova Hampshire, e Gorges recibiu o que actualmente compón a rexión centro-sur de Maine. Cando Gorges morreu, en [[1647]], Maine pasou a facer parte do [[Massachusetts]]. Porén, os herdeiros de Gorges cuestionaron esta fusión, en [[1660]], e querían o control de Maine de volta ás mans da familia Gorges. O goberno do Reino Unido cedeu Maine en [[1664]] para a familia Gorges. Os Gorges venderon Maine para o goberno do Massachusetts en [[1677]].