Lista de reis de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 43 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q183426
m *voltar -> volver
Liña 280:
(<sup>3</sup>) D. Antonio I foi rei de Portugal desde [[19 de xuño]] de [[1580]], data da súa formal aclamación ao trono en [[Santarém, Portugal|Santarém]], até á derrota na [[batalla de Alcántara]], a [[25 de agosto]] seguinte. Continuou a reinar no entanto "de iure" a partir do estranxeiro, e reinou "de facto" até [[1583]] no territorio [[Azores|azoriano]], onde proseguiu a guerra ao invasor. A historiografía oficial negoulle a condición de rei (por ser tido como fillo bastardo e cristián novo, o que non é verdade, pois era real a [[Lexitimidade de D. Antonio]]), tanto so os Filipes, como tamén so os Braganças. Débese a unha obra do Profesor [[Joaquim Veríssimo Serrão]] a rehabilitación da súa figura, que debe así figurar no número dos reis de Portugal, posto malia a brevidade do seu reinado.
 
(<sup>4</sup>) Filipe II comezou logo a exercer o seu poder aínda en [[1580]], malia que apenas parcialmente, pois aínda non dominaba todo o territorio; só en [[1581]], coas [[Cortes de Tomar]], tornouse Rei de Portugal ''de iure'', e apenas en [[1583]] conseguiu abafar todos os puntos que aínda eran afectos ao Prior do Crato.<!--É curioso notar inclusive que unha das parcelas do territorio portugués xamais recoñeceu a soberanía dos reis Habsburgo, Macau, que apenas voltouvolveu á obediencia dos soberanos portugueses con D. Xoán IV-->
 
(<sup>5</sup>) Esta alegada mudanza de nome na Dinastía de Braganza, reinante en Portugal, por morte de [[María II de Portugal|D. María II]], para Bragança-Saxe-Cobúrgo-Gotha (ou máis correctamente, ‘‘Bragança-Wettin’‘), non é de todo recoñecida pola historiografía portuguesa, sendo antes unha creación das historiografías estranxeiras (sobre todo a francesa, que non recoñece a sucesión por vía feminina, logrando así aplicar á dinastía reinante en Portugal o nome dinástico do rei consorte). Porén, aínda que a liña de sucesión proseguiu en liña recta, polo casamento da Raíña D. María II cun príncipe estranxeiro ([[Fernando II de Portugal|D. Fernando II de Saxe-Cobúrgo-Gotha]]), tería cesado na Casa Real portuguesa a varonía de [[Afonso I de Portugal|D. Afonso Henriques]], mantida ao longo de sete séculos (nótese que a outra raíña portuguesa, [[María I de Portugal|D. María I]], casara co tío [[Pedro III de Portugal|D. Pedro III]], polo que se mantivo o sangue do primeiro rei de Portugal), tendo entón pasado a correr o sangue da casa de Wettin nas veas dos ''Bragança''. Con todo, en Portugal sempre as mulleres puideron transmitir o nome, ben como o patrimonio, na falta de herdeiro home na familia. Isto leva a encontrarse por veces escrito, entre historiadores estranxeiros, a existencia dunha quinta dinastía en Portugal - unha división aparentemente artificial dentro da última dinastía real portuguesa, gobernada pola suposta casa de ''Bragança-Wettin'', a cal comprendería os reis entre [[Pedro V de Portugal|D. Pedro V]] e [[Manuel II de Portugal|D. Manuel II]]. Para todos os efectos, considérase máis válida a división tradicional en catro dinastías, dado a legalidade da designación de dinastía de Braganza, única utilizada, e determinada pola Casa Real e pola xeneralidade das persoas, até 1910 e despois desa data.