Diferenzas entre revisións de «Historia do Exipto otomán»

m
*voltar -> volver
m (Bot: Retiro 13 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q602652)
m (*voltar -> volver)
 
==Período turco final==
No [[século XVIII]] o paxá cedeu en importancia aos [[bey]]s mamelucos e dous cargos, o de [[Sheik al-Balad]] e o de [[Emir al-~ajj]], ocupados por eles, representaban o goberno real da comunidade. Non se sabe moi ben como se chegou a esta situación dado que faltan boas crónicas do período turco. En [[1707]] o [[Sheik al-Balad]], [[Ogsim Iywaz]], estaba á cabeza dunha das dúas faccións mamelucas, os Casimitas e os Ficaritas, cando estas se enfrontaron e el foi morto. O seu posto pasou para o seu fillo Ismael, que o ocupou durante dezaseis anos (mentres os paxás mudaban constantemente) e conseguiu reconciliar as dúas faccións. En [[1724]] foi asasinado polas maquinacións do paxá e [[Shirkas Bey]], da facción oposta, ocupou o seu lugar. Este foi deposto e tivo que fuxir ao [[Alto Exipto]], pero voltouvolveu cun exército. Os dous morreron (o primeiro afogado e o segundo asasinado) e o seu lugar ocupouno [[Othman Bey]]. Este tivo que fuxir de Exipto polas intrigas de dous aventureiros, Ibrahim e Rilwgn Bey.
 
Estes dous iniciaron un masacre de beys e demais opositores e procederon a gobernar Exipto alternando os dous postos cada ano. Un dos paxás tentou eliminalos mediante un golpe de estado, pero os seus seguidores liberáronnos e obrigaron ao paxá a fuxir. Outro paxá posterior logrou matar a varios beys, pero tivo tamén que fuxir. Ibraihim foi asasinado por un bey en [[1755]] e o seu posto ocupouno Ali Bey; Rilway tamén foi asasinado pouco despois.
 
Ali Bey dispúxose a vingar a morte do seu mestre. Durante oito anos procurou apoios entre os mamelucos e outros, provocando as sospeitas do Sheik al-Balad, Khalil Bey, quen o atacou forzándoo a fuxir para o [[Alto Exipto]]. Ali Bey voltouvolveu e en [[1750]] derrocou a Khalil Bey, pero os seus actos de vinganza provocaron unha reacción e tivo que fuxir, aínda que voltase máis tarde e ocupase o posto de Sheik al-Balad co beneplácito da Porta. Ali Bey aspiraba a constituír unha monarquía independente e a oportunidade presentóuselle cando desde Constantinopla se lle pediu que enviase un exército para participar na guerra contra [[Rusia]]; como temesen que realmente o estivese reclutando para si propio, enviaron ordes de asasinalo pero Ali Bey interceptounas e proclamouse independente.
 
Ali Bey consolidou os seus dominios reprimindo ás tribos nómades, reformando as finanzas e mellorando a administración da xustiza. Enviou exércitos á Península Arábica e nomeou a un curmán como Alguacil da [[Meca]], quen proclamou a Ali Sultán do Exipto e Khan dos Dous Mares. Ali Bey acuñou moedas e ordenou que o seu nome se incluíse nas oracións públicas.
103.099

edicións