Henry Morgan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 35 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q215502
m *voltar -> volver
Liña 24:
Naceu en [[Llanrhymny]] en [[Glamorgan]], pouco é o que se sabe del antes de 1665, o certo é que do seu Gales natal marchou ao Caribe, quizais participou na expedición que conquistou [[Xamaica]], seu tío Edward Morgan foi tenente gobernador da colonia en 1660. Na expedición de [[Christopher Myngs]] que atacou [[Santiago de Cuba]] en 1662 aparece un capitán Morgan e presumiblemente fora el.
 
En [[1665]] ao principiar a Segunda [[Guerra Anglo-holandesa]], o gobernador de Xamaica, [[Thomas Modyford]] comisionou a [[Edward Mansfield]] para atacar [[Curaçao]] e como lugartenente elixiu a Morgan. En decembro partiu a expedición con 15 navíos e 500 homes. En lugar de dirixirse á posesión holandesa chegaron á [[illa de Santa Catalina]] e á de [[illa de Providencia|Providencia]], enfronte de [[Nicaragua]], que deciden tomar para convertela nunha base de operacións, parten de novo coa intención de tomar [[Natá]], o que foi un desastre ao igual que os intentos de facerse con [[Cartago, Costa Rica|Cartago]] e a expedición volveu a Xamaica. Despois da morte de Mansfield, que fora capturado polos españois, os bucaneiros elixiron como o seu xefe a Morgan en 1667. A primeira expedición que organizou dirixiuse a [[Cuba]], os 12 barcos que a compuñan fondearon o [[28 de marzo]] de [[1668]] na baía de Santa María, dirixíndose por terra a [[Camagüey|Puerto Príncipe]] e enfrontándose con éxito a 300 xinetes que os estaban agardaban, a cidade apenas resistiu unha hora máis e foi totalmente saqueada; Morgan conseguíu un botín de 50.000 pesos que os filibusteiros consideraron escaso polo que decidiu atacar [[Portobelo]], na que se almacenaba a prata que de [[Perú]] se embarcaba para [[España]], a cidade estaba ben defendida e os franceses que acompañaban a Morgan decidiron retirarse pero el non renunciou, con nove navíos e 460 homes aportou a [[Naos]], situada a 50 km continuando en barcas por río ata as proximidades, en pouco tempo fixéronse co control case total da localidade agás o Castelo de San Jerónimo onde se refuxiara o gobernador, tras un día de loita conquistou o castelo subindo os muros protexido polos corpos de freires e freiras e aínda así tardou toda a noite en conquistalo. A cidade saqueouse durante días. Morgan voltouvolveu a Xamaica e foi recibido triunfalmente polo gobernador Modyford, que case inmediatamente encargoulle a Morgan outra expedición contra os españois, regaloulle unha portentosa [[Fragata (buque)|fragata]], a ''Oxford'', de 36 canóns pero en xaneiro de 1669 nunha xuntanza de 1000 bucaneiros ingleses e franceses na [[Illa da Vaca]] a fragata explotou nun accidente, matando máis de 300 piratas. Aínda así a expedición partiu días máis tarde cara ao [[lago de Maracaibo]], a frota que compuñan 8 navíos e 500 homes chegou en marzo saqueando a cidade de [[Maracaibo]], seguindo despois ao asentamento de [[Gibraltar, Venezuela|Gibraltar]] ao fondo do lago. De volta a Maracaibo, Morgan atopouse con tres barcos españois á entrada do lago, o ''Magdalena'', de 36 canóns, o ''San Luis'', de 26 e a ''Marquesa'', de 14. Morgan decidiu armar un barco de lume, ideado para explotar ao se aproximar o barco inimigo, para lles facer fronte. Cun forte botín, máis de 250.000 pesos volveu a Xamaica.
 
Mercou unha facenda en Xamaica e durante un ano permaneceu retirado ata que o gobernador o nomeou almirante de todos os barcos de guerra de Xamaica coa misión de destruír os barcos e tropas españolas que atopase, en mar ou terra. O [[24 de outubro]] de [[1670]], 37 navíos e 2200 homes xuntáronse na Illa da Vaca, Morgan decidiu atacar a cidade de [[Panamá]], unha das máis ricas da América española; o [[6 de decembro]] reconquistou a illa de Santa Catalina, ao chegar a noticia aos españois reforzaron ás tropas do Castelo de Chagres, na entrada do [[Istmo de Panamá]], chegando a 314 soldados, Morgan enviou contra el 5 navíos con 500 homes ao mando de Joseph Bradley, o asalto comezou o día [[6 de xaneiro]] de [[1671]] e foi sanguiñolento, só sobreviviron 30 españois, os británicos perderon 100 homes e o seu xefe. Morgan chegou a Chagres uns días despois e con 1400 homes iniciou o cruce do istmo o [[18 de xaneiro]] remontando o [[río Chagres]], con escasos víveres e atacados por partidas de indios a viaxe foi difícil. O día [[27 de xaneiro]] chegaron ás portas da cidade, defendida por 1300 homes con escasas armas de fogo, no primeiro enfrontamento Morgan perdeu varios centos de homes pero os españois perderon a metade dos seus efectivos, facendo imposible defender a cidade e ás tres horas a cidade caeu no poder de Morgan e os seus que empezaron a saquealo todo ata que o lume prendeu e toda a cidade quedou destruída; case un mes permaneceu nos restos da cidade, o [[24 de febreiro]] emprendeu o regreso con 600 prisioneiros que liberaron pouco despois por un rescate. O [[9 de marzo]] no castelo de Chagras, Morgan procedeu a repartir o botín, tocándolle 200 pesos a cada participante, diante o descotento prometeu realizar un repartimento máis xusto o día seguinte pero aproveitando a bebedela dos seus homes marchou en catro navíos cos seus fieis e coa totalidade do botín, 400.000 pesos. Morgan foi recibido en Xamaica como un heroe pero o goberno español protestou enerxicamente ao de Londres e ante o temor a unha guerra entre os dous países, o rei [[Carlos II de Inglaterra]] accedeu a acabar coa piratería, nomeou un novo gobernador para Xamaica e Morgan marchou a Inglaterra para ser xulgado, en Londres viviu en total liberdade e mesmo o propio rei recibiuno en audiencia varias veces, o xuízo celebrouse en [[1674]] e o tribunal declarouno inocente, o rei nomeouno [[sir]] e [[tenente gobernador]] de Xamaica, onde volveu Morgan e actuou enerxicamente contra os seus antigos compañeiros para combater a piratería.