Henrique II de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 24 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q262363
m *voltar -> volver
Liña 7:
Nado en [[Sevilla]], foi o cuarto dos dez fillos e fillas extramatrimoniais de [[Afonso XI de Castela]] e de dona [[Leonor de Guzmán|Leonor Núñez de Guzmán Ponce de León]] (tataraneta do Rei [[Afonso IX de León]]). Por orde de seu pai, foi criado e educado polo preceptor real don Rodrigo Álvarez Asturias, Conde de Trastámara (parente do propio monarca), quen en [[1345]] cedeu o título de Conde de Trastámara (de ''Trans Támaris'', "Máis alá do Río Tambre", na [[Galiza]]) a Don Henrique, como herdeiro legal seu. E con este título, conde de Trastámara, inaugurou a [[dinastía de Trastámara]] no [[Lista de reis de León|trono de Castela e León]] en 1369.
 
Tiña os alcumes de ''o magnífico'' e tamén ''el de las Mercedes'': dispensaba larguezas para apoiar as súas pretensións. Asasinada súa mai Leonor de Guzmán por orde da raíña D. María de Portugal (en [[1350]]), revoltouserevolveuse contra o seu irmán [[Pedro I de Castela]], apoiándose no aliado [[Pedro IV de Aragón]]. Para algúns autores a morte da mai e do seu irmán D. Frederico ou Fradique, ás mans do rei, o seu irmán, fíxolle decidir lanzarse no camiño do crime, receando pola súa vida.
 
Fuxiu en [[1356]] para a Francia, cando o irmán subiu ao trono. Recibiu axuda en [[1365]] do rei [[Carlos V de Francia]] que mandou [[Bertrand du Guesclin]] levar a Castela as ''Grandes Compagnies'' para combater a Pedro e o seu aliado inglés, o Príncipe Negro. Vencido o [[3 de abril]] de [[1367]] en Náxera polo Príncipe Negro, sendo preso Bertrand, fuxiu para Aragón. Libre, Bertrand du Guesclin logo obtivo a vitoria de [[Montiel]] ([[1369]]). Sitiou o irmán, cos mercenarios de du Guesclin, en Montiel, na Mancha, e asasinouno nunha entrevista o [[23 de marzo]] de [[1369]].