Guerra da Tripla Alianza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 36 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q58947
m *voltar -> volver
Liña 1:
A '''guerra do Paraguai''' foi o maior conflito armado internacional ocorrido no continente americano, no período de decembro de [[1864]] a marzo de [[1870]]. É tamén chamada '''[[Guerra]] da [[Guerra da Tripla Alianza|Tripla Alianza]]'''. O [[Brasil]], a [[Arxentina]] e o [[Uruguai]], [[alianza (acordo)|aliados]], derrotaron o [[Paraguai]] despois de cinco anos de loitas, durante os cales o Brasil enviou 180.000 homes á guerra. Destes, máis de 30.000 non voltaronvolveron. As perdas humanas sufridas polo Paraguai foron calculadas en 300.000 persoas, entre civís e militares, mortos no transcurso dos combates, das epidemias que se estenderon durante a guerra e da fame. O Paraguai, antes da guerra, atravesaba unha fase de prosperidade económica. A derrota marcou unha reviravolta decisiva na historia do país, desde entón un dos menos desenvolvidos da [[América do Sur]].
 
== Antecedentes da Guerra ==
Liña 108:
 
[[Ficheiro:Guerra do Paraguai - Oficial e Soldado.JPG|miniatura|esquerda|215px|Oficial e soldado brasileiros]]
Designado o 10 de outubro de 1866 para o comando das forzas brasileiras, o mariscal Luís Alves de Lima e Silva, marqués e, posteriormente, [[Duque de Caxias]], chegou ao Paraguai en novembro, encontrando o exército practicamente paralisado. Os continxentes arxentinos e uruguaios viñan sendo retirados aos poucos do exército dos aliados, asolado por [[epidemia]]s. Mitre e Flores voltaronvolveron aos seus países chamados por cuestións de política interna. Tamandaré foi substituído no comando da escuadra polo almirante XJaquim José Inácio, futuro visconde de Iñaúma. Paralelamente, Osorio organizaba un 3° corpo de exército no Río Grande do Sur (cinco mil homes). Na ausencia de Mitre, Caxias asumiu o comando xeral e providenciou a reestruturación do exército.
 
Entre novembro de 1866 e xullo de 1867, Caxias organizou un corpo de saúde (para dar asistencia aos innúmeros feridos e combater a epidemia de cólera) e un sistema de abastecemento das tropas. Nese período, as operacións militares limitáronse a escaramuzas cos paraguaios e a bombardeos da escuadra contra Curupaiti. López aproveitaba a desorganización do inimigo para reforzar as súas fortificacións en [[Humaitá]].
 
A marcha de flanco pola ala esquerda das fortificacións paraguaias constituía a base táctica de Caxias: sobrepasar o reduto fortificado paraguaio, cortar as ligazóns entre Asunción e Humaitá e someter esta última a un cerco. Con este fin, Caxias iniciou a marcha en dirección a Tuiu-Cué. Mais Mitre, que voltaravolvera ao comando en agosto de 1867, insistía no ataque pola ala dereita, que xa se mostrara desastroso en Curupaiti. Pola súa orde, a escuadra brasileira forzou, sen maiores perdas, a pasaxe de Curupaiti, mais foi obrigada a deterse diante de Humaitá. Surxiron novas diverxencias no alto comando: Mitre desexaba que a escuadra proseguise, mentres os brasileiros eran favorábeis a un anterior envolvemento e cerco por terra de Humaitá. As vitorias de Sao Solano, Pilar e Tayi tornarían posíbel este cerco, illando Humaitá de Asunción. Como reacción, López atacou a retagarda dos aliados en Tuiuti, sufrindo nova derrota.
 
Co afastamento definitivo de Mitre, en xaneiro de 1868, Caxias reasumiu o comando supremo e determinou a pasaxe de Curupaiti e Humaitá, realizadas con éxito pola escuadra comandada polo capitán de mar e guerra Delfín Carlos de Carvalho, despois barón da Pasaxe. Humaitá caeu en 25 de xullo, despois de demorado cerco.
Liña 118:
Rumbo a Asunción, o exército de Caxias marchou 200 km até Palmas, deténdose diante do arroio [[Piquisiri]]. Alí, López concentrara 18.000 paraguaios nunha liña fortificada que exploraba habilmente os accidentes do terreo e apoiábase nos fortes de Angostura e Itá-Ibaté. Renunciando ao combate frontal, Caxias deu inicio á chamada manobra de Piquisiri. Mentres a escuadra forzaba a pasaxe de [[Angostura]], Caxias fixo o exército atravesar para a marxe dereita do río. Mandou construir en 23 días unha estrada nos pantanos do Chaco, pola cal as tropas avanzaron en dirección ao nordeste. Na altura de Villeta, o exército cruzou novamente o río, encontrábase entre Asunción e Piquisiri, na retagarda da liña fortificada paraguaia. En vez de avanzar para a capital, xa desocupada pola poboación e bombardeada pola escuadra, Caxias marchou para o sur e iniciou a decembrada.
 
A decembrada constituiuse dunha serie de vitorias obtidas por Caxias en decembro de 1868, cando voltabavolvía en dirección ao sur para tomar Piquisiri pola retagarda: Itororó, Avaí, Lomas Valentinas e Angostura. No día 24 de decembro os tres novos comandantes da Tripla Alianza (Caxias, o arxentino Gelly y Obes e o uruguaio Enrique Castro) enviaron unha intimación a Solano López para que se rendese. Mais López recusouse a ceder e fuxiu para Cerro León.
 
[[Asunción]] foi ocupada o 1° de xaneiro de 1869 por forzas comandadas polo coronel [[Hermes da Fonseca|Hermes Ernesto da Fonseca]]. No día 5, Caxias entrou na cidade co restante do exército e 13 días despois deixou o comando.