Formoso, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Finados en 896 mediante HotCat
m *voltar -> volver
Liña 5:
Naceu arredor do 816, probabelmente en Roma. Converteuse en Bispo-Cardeal de Porto no 864. Emprendeu misións diplomáticas en [[Bulgaria]] (866) e máis en [[Francia - France|Francia]] (869 e 872), onde persuadiu a [[Carlos o Calvo]], rei de Francia, para que fose coroado polo Papa.
 
Desde 872 foi candidato ao trono pontificio. Mais ese ano mesmo, Roma e a corte do papa [[Xoán VIII, papa|Xoán VIII]] creáronlle complicacións políticas. Xoán VIII convocou un sínodo, séndolle dada orde a Formoso orde de presentarse so pena de excomuñón, baixo a acusación de ter aspirado ao arcebispado de Bulgaria e á cátedra de San Pedro, de terse oposto ao Emperador, de abandonar a súa diocese sen autorización papal, de despoxar os mosteiros de Roma, de celebrar o servizo divino a pesar dunha prohibición que pesaba sobre de el, e mesmo de ter conspirado con certas personaxes para destruír a sé pontificia. A sentenza de excomuñón contra Formoso e outros foi promulgada en xullo de [[872]]. Seis anos logo, en [[878]], foille levantada, despois de que prometera que non había voltarvolver nunca a Roma, nin exercer funcións sacerdotais.
O papa Mariño I, que sucedeu a Xoán VIII en 883 tornoulle a súa diocese de Porto. Logo dos pontificados de Mariño, Hadriano III (884-885) e de Estevo V (885-891), Formoso foi elixido papa o [[6 outubro]] de [[891]].