Explosión cámbrica: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver |
|||
Liña 8:
O único grupo de animais cun bon rexisto fósil que só apareceu despois do Cambriano foi o filo [[Bryozoa]], cuxos exemplares máis antigos pertencen ao [[Ordoviciano]] Inferior. Os fóseis coñecidos por [[Biota Vendiana]] (ou "biota Ediacarana"), que incluen animais con [[espícula]]s como as das [[Poríferos|esponxa]]s e posibelmente tubos de [[verme]]s, apareceron no período que antecede o Cambriano, mais a localización destes [[fósil|fóseis]] nos filos actualmente coñecidos aínda está lonxe de estar esclarecida. O que non hai dúbida é que o Cambriano foi unha época de extraordinaria innovación e [[evolución]], non só en termos do número de [[especie]]s, mais tamén no desenvolvimento de novos [[nicho]]s e estratéxías [[ecoloxía|ecolóxicas]], tais como a [[predación]] activa, a construción de abrigos [[subterráneo]]s complexos e a aparición ou diversificación das [[alga]]s [[mineral]]izadas de varios tipos, como as algas coralinas e as [[dasicladácea]]s verdes.
A Explosión Cambriana desperta a curiosidade dos científicos, que cuestionan como a vida tería, despois de millóns de anos de estabilidade e pouca diversidade, subitamente xerado organismos tan diversos nun espazo tan curto de tempo, e por que isto xamais
Boa parte desa diversidade (extimase en 85% de toda a vida no planeta) se extinguiu aínda no Cambriano, hai preto de 490 millóns de anos, e alguns planos de organización nos animais xamais foron vistos novamente. A súa [[extinción]] en masa é máis facilmente explicada a través dunha mudanza brusca no clima do planeta (unha [[glaciación]], ou un [[efecto invernadoiro]], talvez o impacto dun [[asteroide]]), que tería abalado os ecosistemas adaptados ás condicións anteriores, e seleccionado organismos máis adaptables a esas mudanzas.
|