Dudu Aouate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio Categoría:Xogadores do Deportivo de La Coruña por Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña
m *voltar -> volver
Liña 62:
 
==Traxectoria==
Comenzou a súa carreira futbolística profesional co [[Hapoel Nazareth Illit]], pero axiña cambiou para o [[Maccabi Haifa]] como porteiro suplente de [[Nir Davidovich]] e pasou polo [[Maccabi Tel Aviv FC]] onde tampouco xogou, no seu seguinte club, o [[Hapoel Haifa]], a pesar de asegurarselle que sería o titular tampouco xogou ata que [[Avi Peretz]], o porteiro titular tivo que coller unha baixa na temporada 1998-1999. Hapoel gañou o campionato e Dudu foi recoñecido polas súas actuacións e chamado para xogar na selección nacional de fútbol de Israel. No 2002 voltouvolveu ó Maccabi Haifa e gañou o campionato e pola súa actuación coa selección nacional foi recoñecido por moitos como o mellor porteiro do país.
 
O [[17 de xullo]] de [[2003]] fichou polo [[Racing de Santander]], onde permaneceu tres anos, e en agosto de 2006 asinou un contrato por catro anos co [[Deportivo da Coruña]]. Durante a tempada [[Primeira división española 2008/09|2008–09]] foi afastado do equipo polo adestrador, [[Miguel Ángel Lotina]], tras un enfrontamento que tivo co outro porteiro, [[Gustavo Munúa]], que tamén foi relegado da disciplina branquiazul. Días máis tarde, debido á inexperiencia do porteiro do filial, [[Fabricio Agosto Ramírez|Fabri]], foron novamente chamados.