Cova de Lascaux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
facsímil -> facsímile [iw en 30 linguas]
m *voltar -> volver
Liña 9:
Foi descuberta o [[12 de setembro]] de [[1940]], por catro adolescentes que andaban á busca do can dun deles: Marcel Ravidat, Jacques Marsal, Georges Agnel e Simon Coencas, que avisaron de contado ao seu antigo profesor, Léon Laval. O prehistoriador [[Henri Breuil]], refuxiado na zona durante a ocupación nazi, foi o primeiro especialista que visitou Lascaux, o [[21 de setembro]] de [[1940]], na compaña de Jean Bouyssonnie e André Cheynier. H. Breuil foi tamén o primeiro en autentificala, describila e estudala. Deseguido realizou os primeiros calcos desde fins de 1940, pasando varios meses in situ para analizar as obras, que atribuíu ao período perigordiano.
 
Logo de pasar varios anos en [[España]], [[Portugal]] e mesmo en [[África do Sur]], voltouvolveu en [[1949]], emprendendo de novo excavacións xunto con Séverin Blanc e Maurice Bourgon, ao pé da escena do pozo, onde agardaba atopar unha sepultura. O que sacou a luz foron puntas de [[azagaia]]s, decoradas, feitas de corno de [[reno]].
 
De [[1952]] a [[1963]], a petición de Breuil, foron efectuados novos levantamentos, sobre 120 m², de calcos por André Glory, que contabilizaban un total de 1.433 representacións (hoxe están catalogadas 1.900).