Civilización minoica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 54 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q134178
m *voltar -> volver
Liña 31:
#Quedaba por estabelecer a evolución de Creta entre o 1400 e finais de Micenas.
#Arqueoloxicamente, a data é dubidosa.
A destrución final de Cnossos débese atrasar até o –1370. Esta data non ten unha explicación facilmente deducíbel que agrupe todos os factores (terremotos, tomada da vila...). Parte da documentación en [[Lineal B]] sería deste momento. Tampouco se abandonou o palacio, mais este non voltaríavolvería a xogar un papel igual ao anterior, o que implica que a situación política dou un xiro. Mais non se interrompen outros aspectos e a parte occidental da illa cobra un papel protagonista descoñecido até entón (descubrimento de indicios que mostran que na vella cidade de [[Kydronia]] se usaba lineal B, indicio dun palacio e un nexo de conexión entre o palacio decaído de Cnossos e este novo centro [o mesmo escribano]). Unha hipótese é que, se ben a destrución eliminou Cnossos como centro administrativo, non supuxo o fin do poder micénico ou dalgún centro sucesor, seguindo Cnossos controlando as zonas máis prósperas (centro e, máis ao sur, [[Hagia Tríada]]). Polos dados existentes, hai unha xeografía do territorio controlado polo palacio que inclúe Cnossos, [[Armissos]], [[Ylissos]], etc. Esta hipótese contribuiría para resolver a anomalía que situaba a Creta nun lugar incualificábel no mundo exeo.
 
A expansión [[período micénico|micénica]] prolongou uns procesos de contacto que, no Minoico Medio, sobre todo desde o –1700, transmitiron ao continente e [[Illas Cícladas]] influencias artísticas, sociais, administrativas (do modelo palacial) e que ten levado a pensar que a difusión fose proba de imperialismo (influencia das lendas posteriores e a memoria dunha hipotética [[talasocracia]] [[Homero|prehomérica]].