Caio Mario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
corrixo e retiro marcador de corrección ortográfica
m *voltar -> volver
Liña 37:
No ano [[-108|108 a.C.]] Mario pediulle permiso a Metelo (que ocupaba o cargo de cónsul por vez primeira) para deixar o seu posto de legado e así poder ir a Roma e optar ás eleccións para o consulado. Metelo non lle deu permiso, e ofreceulle reconsideralo e optar a dito posto co seu fillo, que neses intres tiña 20 anos (o cal supoñía non poder acceder ó posto ata despois doutros 20 anos). Dende ese intre Mario comezou a súa campaña para obter o consulado. [[Salustio]] afirma que isto foi acelerado, en parte, polo presaxio dunha adiviña que ''lle dixo que lle presaxiaba grandes e marabillosas cousas e que por iso podería perseguir calquera designio que se lle formase, confiando nos deuses polo éxito, e que podería probar fortuna tantas veces como quixese, posto que tódalas súas campañas prosperarían''. Ante esta situación (Mario precisaba do permiso de Metelo para deixa-lo seu posto) Mario pasou o verán congraciándose coas tropas, o cal conseguiu grazas á súa conduta con eles, comendo a súa mesma comida e amosando que non tiña medo de realiza-las súas mesmas tarefas. Tamén procurou a aprobación dos comerciantes italianos, suxerindo que no caso de estar el ó mando podería acadar unha vitoria sinxela e rápida en Numidia fronte a Iugurta. Ámbolos dous grupos escribiron a Roma, falando moi ben del e criticando as tácticas de Metelo, quen baseaba as súas estratexias nunha lenta guerra de desgaste. Despois disto, Metelo decidiu ceder e deixalo ir, ante o prexuízo que lle podía causar seguilo tendo como subordinado.
 
Mario voltouvolveu a Roma e presentouse ó consulado, no que resultou ser unha campaña rápida e moi exitosa, que rematou coa súa elección no ano [[-107|107 a.C]]. Non é rara a súa elección tendo en conta que en tempos recentes os cidadáns tiñan presenciado varias desfeitas militares provocadas pola incompetencia de certos membros da aristocracia, así como varias acusacións de corrupción. Mario presentábase como unha alternativa, a do virtuoso ''home novo'', que con tanto traballo chegara ate onde estaba.
 
O [[senado romano|senado]], pola súa parte, decidiu que entre as provincias consulares a repartir entre os cónsules dese ano non estaría Numidia e a guerra contra Iugurta, e prorrogou a Metelo no cargo. Mario defendeuse empregando unha técnica para desvia-la decisión á Asemblea de Cidadáns, en troques do Senado, xa que aló contaba con moito máis apoio. Mario foi así elixido como comandante tras esta elección especial, mentres que Metelo tivo que voltarvolver, e o Senado concedeulle como contraprestación o título de "Numídico" (conquistador de Numidia).
 
===O final da guerra en Numidia===