Astiaxes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 31 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q271527
m *voltar -> volver
Liña 21:
Segundo Heródoto, Astiaxes tivo un soño acerca do seu neto Ciro, fillo de Mandane e Cambises I. Astiaxes tomou este soño como unha diabólica profecía, así que ordenou ao seu cortesán [[Harpago (xeneral)|Harpago]] asasinar ao xove Ciro. Harpago, temendo manchar o seu nome con este infanticidio, secretamente delegou a encarga a un pastor chamado Mitradates. Mais este, que perdera había pouco o seu propio fillo, decidiu quedar con el como seu. Para iso vestiu ao seu verdadeiro fillo morto coas roupaxes do príncipe e expuxo o corpo ás feras do bosque tal e como se lle ordenara facer co mozo Ciro. O engano funcionou e Ciro criouse co pastor.
 
Pero cando o mozo acadou os dez anos de idade, fíxose xa evidente que non era o fillo dun pastor. O seu comportamento era demasiado nobre, segundo Heródoto. Por unha casualidade Astiaxes puido entrevistarse co neno, e inmediatamente sospeitou o que podía ter pasado ao se decatar que o suposto fillo de pastor se lle asemellaba. Ordenou a Harpago relatar o que acontecera realmente, o cal confesou que non matara o neto do rei malia que se lle ordenara facelo. Ciro recibiu un trato favorábel e mesmo lle foi permitido voltarvolver cos seus verdadeiros pais. Harpago, en troques, recibiu un cruel castigo polo seu comportamento. Astiaxes convidouno a un banquete no que, entre o xantar, estaba agochada a carne do seu propio fillo, facéndollo saber no momento oportuno.
 
=== A vinganza de Harpago ===