Ari Vatanen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 23 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q313199
m *voltar -> volver
Liña 51:
Despois dun novo abandono no [[Rallye Acrópolis]], chegaría a espectacular racha de triunfos de Vatanen, ata cinco vitorias consecutivas, entre o [[1984]] e o [[1985]], sendo: [[1984]] [[Rallye 1000 Lagos]], [[1984]] [[Rallye de San Remo]],[[1984]] [[Rallye RAC]], [[1985]] [[Rallye de Montecarlo]] e no [[1985]] [[Rallye de Suecia]].
 
Destaca de entre todas elas, unha, a acadada no [[1985]] no [[Rallye de Montecarlo]], que encumbrou a Vatanen á categoría de mito, xa que tras unha penalización de 8 minutos por chegar antes de tempo a un control, Vatanen saíu con todo... "Imos a gañar a pesar de todo", dixo a [[Jean Todt]]. Tramo a tramo, foi gañando tempo a [[Rohrl]], ata o derradeiro tramo, o porto de [[Saint-Raphael]], con rodas de cravos, un coche achegábase á liña de meta. Era Ari Vatanen, dous minutos despois, seguía sen chegar Rohrl. Polo que Vatanen voltabavolvía a tomar a cabeza cun minuto e medio de antelación e gañaba o Rallye. Jean Todt, despois de aquilo, díxolle: "Eu pensaba en Ari. Ningún piloto fixera tal fazaña. Si,de verdade era dos mellores. Dende aquel día eu estaba en débeda con el para toda a vida". Nese mesmo ano producirase o accidente máis grave da súa carreira, acontecido no [[Rallye de Arxentina]]. Na 2ª proba especial, e despois de facer un ''[[scratch]]'' na 1ª especial, Ari Vatanen non chegaba á meta, polo que saíu un [[helicóptero]] na procura do coche, soando pouco despois na radio do box de [[Peugeot]] que localizaran o coche e que tratábase dun accidente moi grave. Ari Vatanen estivo ano e medio sen correr, recuperándose de tan tremendo accidente, pero non esqueceu como se conducía e no [[1987]], ós mandos do [[Peugeot 205]], acada a vitoria no Dakar, con [[Bernard Giroux]] de copiloto.
 
Ese mesmo ano, logrou acabar 2º no [[Rallye 1000 Lagos]] cun [[Ford Sierra Cosworth]].