José Reino Caamaño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q3391786
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
==Traxectoria==
[[Ficheiro:Candidatura derechista para diputados a Cortes por La Coruña, 1936.JPG|miniatura|300px|Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.]]
Licenciado en dereito pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] en 1902, foi xuíz de primeira instancia en [[Vilalba]] ([[1908]]), [[Lalín]] ([[1911]]) e [[Betanzos]] ([[1915]]). Publicou versos en castelán e galego na ''[[Revista Gallega]]''<ref>[http://www.realacademiagalega.org/Hemeroteca/ArtigosPorAutor.do?autoritasName=Jos%E9&autoritasSurname=Reino%20Caama%F1o&letter=none Poemas de José Reino]</ref> e ''[[El Umia]]''. En 1916 e 1917 foi proclamado deputado provincial da[[ Deputación da Coruña]] polo distrito de Negreira-Corcubión. En [[1923]] foi elixido deputado polo distrito de Muros-Negreira nas [[Cortes Españolas]] pola fracción demócrata do [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]]. Na [[Segunda República Española|Segunda República]] foi unha das figuras da [[Derecha Liberal Republicana]] en Galicia e foi elixido deputado pola [[provincia da Coruña]] nas [[Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia|eleccións a Cortes Constituíntes de 1931]] e polo [[Partido Republicano Conservador]] nas [[Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia|eleccións xerais de 1933]], destacando pola súa condena á persecución relixiosa. Foi maxistrado da Audiencia desde 1933. Durante a [[Guerra Civil Española|Guerra civil]] defendeu en xuízo a algúns acusados polo franquismo<ref>Foi o avogado defensor de [[Fernando Domínguez Caamaño]] e [[Luis Rastrollo González]] procesados por rebelión na causa 231/36 xunto cos outros membros do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela, e xulgados en Consello de guerra o 19 de novembro de 1936.</ref>, chegando a afirmar que os únicos rebeldes eran o que os xulgaban, razón pola que foi multado e tivo que permanecer escondido durante un tempo<ref>[http://franquismo.wordpress.com/2008/09/20/la-guerra-en-un-pequeno-municipio-negreira-y-ii/ La guerra en un pequeño municipio: Negreira (y II)]</ref>. O seu irmán [[Carlos Reino Caamaño]], que era alcalde de [[Verín]] por [[Izquierda Republicana]] foi condenado a morte e executado en 1937. Dende 1940 foi profesor na [[Universidade de Santiago de Compostela]], sendo nomeada profesor adxunto honorario de Dereito Mercantil (1948). Foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de [[Santiago de Compostela]].
 
==Notas==