Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
***[[Hipertrofia ventricular esquerda]], que puede derivar de [[hipertensión arterial]] de longo tempo de evolución.
***[[Cor pulmonale|Hipertrofia ventricular dereita]], que pode producirse por hipertensión pulmonar, ou en casos de hipertrofia ventricular esquerda de anos de evolución.
 
== Sintomatoloxía ==
A cardiomegalia implica, pola súa definición, que a mecánica de latexo do corazón estea alterada, isto é, o corazón terá problemas para bombear o sangue ao resto do corpo. Isto acrecéntase en situacións de esforzo físico. Así, os principais síntomas indicativos de cardiomegalia son:
* [[Astenia]] ou cansanzo.
* [[Mareo]]s.
* [[Tose]] improdutiva.
* Dificultade para respirar, a respiración é acelerada e con sensación de falta de folgos.
* Trastornos do ritmo cardíaco, como arritmias, aumento do ritmo cardíaco [[taquicardia]] ou palpitacións.
* [[Edema]], sobre todo nos [[pé]]s e [[nocello]]s.
 
== Diagnóstico ==
En moitas ocasións unha simple exploración física dos [[signo]]s e [[síntoma]]s abonda para diagnosticar ou sospeitar cardiomegalia. As flutuacións do pulso, a [[tose]] e sobre todo a dificultade respiratoria orientan o diagnóstico de cardiomegalia.
O xeito máis doado de observar a cardiomegalia é mediante unha radiografía simple do tórax. A definición radiolóxica de cardiomegalia é unha silueta cardíaca ([[corazón]]) que ocupa máis da metade do espazo que o que ocupan a suma dos dous [[pulmón]]s.
O [[electrocardiograma]] é útil para determinar se hai trastornos do ritmo cardíaco típicos da cardiomegalia, como a [[taquicardia]] ou outras [[arritmia]]s. Tamén pode facilitar o diagnóstico da [[doenza]] subxacente, isto é, da patoloxía de base que está a causar o agrandamento do tamaño do corazón, como pode ser a [[insuficiencia cardíaca]] ou as [[cardiomiopatía]]s.
Outras probas de utilidade son a [[TAC]], o [[ecocardiograma]], o [[cateterismo cardíaco]] ou a [[proba de esforzo]].
 
== Tratamento ==
O tratamento da cardiomegalia ha de enfocarse a tratar a causa que a provoca. Así, se se determina que a cardiomegalia está a ser causada por unha [[insuficiencia cardíaca]], o tratamento ha de ser o específico para esta [[doenza]], isto é, [[diurético]]s, [[IECA]]s, [[digoxina]], etc. A [[cirurxía]] é en ocasións unha solución válida.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Insuficiencia cardíaca]]
* [[Megalia]]
* [[Cardiomiopatía]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.youtube.com/watch?v=ABxss0-fZhI youtube.com] Vídeo explicativo da cardiomegalia.
 
 
 
[[Categoría:Doenzas]]
4.507

edicións