Lingua portuguesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxo o formato do modelo.
mSen resumo de edición
Liña 22:
|mapa = [[Ficheiro:Map-Lusophone World-en.png|centro|240px]]
}}
O '''portugués''' é unha [[lingua romance]] nada na alta [[Idade Media]] na [[Gallaecia]], que agora é [[Galiza]] e o norte de [[Portugal]]. Estendeuse polo mundo nos séculos [[século XV|XV]] e [[século XVI|XVI]], na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o [[Brasil]] en [[Sudamérica]], [[Goa]] na [[India]] e [[Macao]] na [[China]]. Daquela xurdiron tamén varias [[Portugués crioulo de base portuguesa|linguas crioulas baseadas no portugués]], sobre todo en [[África]], [[Asia]] e o [[Caribe (rexión)|Caribe]].
 
Hoxe en día é unha das linguas do mundo mais faladas, na sexta posición <ref>Estatísticas da [[Unesco]] (Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura), que revela a existencia de 6,7 mil [[lingua]]s vivas no mundo. Segundo a institución, o portugués está atrás do [[mandarín]], [[lingua hindí|hindí]], [[lingua castelá|español]] e [[Lingua inglesa|inglés]].</ref> en canto a falantes como primeira lingua (uns 250 millóns). É a lingua con maior número {{cómpre referencia}} de falantes en Sudamérica (aproximadamente 200 millóns), así como unha importante lingua franca en África.
 
O portugués é lingua oficial de nove países - [[Portugal]], [[Brasil]], [[Angola]], [[Cabo Verde]], [[Guinea-Bissau]], [[Guinea Ecuatorial]], [[Mozambique]], [[San Tomé e Príncipe]] e [[Timor Leste]], sendo cooficial co [[lingua española|español]] e [[lingua francesa|francés]] en [[Guinea Ecuatorial]], co [[lingua chinesa|chinés]] na rexión Especial Administrativa Chinesa de [[Macao]], e co [[tetún]] en [[Timor Leste]].