Radio Nacional de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
ampliación histórica
Liña 4:
 
== Historia e características ==
As orixes de Radio Nacional de España están na súa fundación por [[José Millán-Astray]] en [[Salamanca]] o 19 de xaneiro de 1937 en plena Guerra Civil Española. Tendo o nome de "nacional" ao ser o nome do bando franquista. Nas súas orixes dependía da Delegación de Estado para Prensa e Propaganda. Comezou as emisións cun equipamento de 20 kW da marca Telefunken, cedido pola Alemaña nazi. As primeiras emisións eran noticiarios, novas e partes de guerra previamente redactados e censurados. Acadou grande sona durante a Guerra Civil por ser órgano oficioso do réxime e polo uso que da radio facían persoeiros como [[Queipo de Llano]].
 
Durante a dictadura franquista RNE era o medio de comunicación do réxime mantendo unha estrutura centralizada e sempre ao servizo do goberno.
 
Desde [[1973]] está integrada no ente público [[Radiotelevisión Española]] (RTVE). Desde [[2007]] pertence á [[RTVE|Corporación RTVE]], regulada na Lei 17/2006, de 5 de xuño, da radio e a televisión de titularidade estatal.