Xenreira (grupo): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Grupo musical xurdido a mediados dos 90 dentro do movemento cultural e musical contemporáneo ao [[rock [[bravú]]. Apesar da súas múltiples coincidencias con este fenómeno, onde algúns críticos non dubidan en clasificalos, os seus integrantes consideráronse representantes do rock irmandiño, unha música moito máis comprometida politicamente e con raíces en distintos estilos musicais, entre os que se conta o [[Rock Radikal Basco]], o [[Ská]], e tamén a canción protesta galega, especialmente o grupo [[Fuxan Os Ventos]].
 
A carreira discográfica en solitario de Xenreira resúmese nun único disco: "Érguete!!", de [[1997]], que supuxo unha forte influencia noutros proxetos musicais galegos, tanto da época como posteriores. As súas letras estiveron marcadas por un forte compromiso político [[independentismo|independentista]], e nelas aludíase á memoria da [[Guerra Civil Española]] ("Mil Nove 36"), as mobilizacións dos anos 70 ("Onde a loita se chama [[As Encrobas, Cerceda|Encrobas]]"), á situación das persoas presas ("Recluso 241"), á [[desobeciencia civil]] ("Érguete", "Ozono"), ou ao sentimento de internacionalismo solidario coa loita da independencia [[Irlanda|irlandesa]] ("Mesmo berce, mesma loita"). Tamén puxeron música ao himno de [[Acción Gallega]], escrito por [[Ramón Cabanillas]]. O disco contou coa participación, entre outras persoas, de [[Ugia Pedreira]] e Ramom Pinheiro "Chito", (por aquel entón ambos membros de [[Chouteira]]), así como do histórico membro de [[Fuxan Os Ventos]], [[Mini]], por aquel entón n'[[A Quenlla]]. O disco estaba producido por [[Kaki Arkarazo]], un histórico do [[Rock Radikal Basco]] e ex-compoñente de [[Negu Gorriak]] e [[Nación Reixa]], entre outros.