Bacterias púrpuras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 17:
A absorción de enerxía da luz da fotosíntese ten lugar nestas bacterias en centros de reacción da [[membrana plasmática]], que forma pregamentos cara ao interior da célula para formar sacos, tubos, ou láminas, o que incrementa moito a área superficial dispoñible.
 
Como moitas outras bacterias fotosintéticas (excepto as [[cianobacteria]]s), as bacterias púrpuras non producen [[oxíxeno]], porque o [[doante de electróns]] utilizado na súa fotosíntese non é a auga (da cal procede o oxixeno). Nalgunhas delas, chamadas [[bacterias púrpuras do xofre]], este doante é o [[sulfuro]] ou o [[xofre]] elemental. No outro grupo de bacterias púrpuras, chamadas nacterias púrpuras non do xofre, úsase tipicamente o [[hidróxeno]] como doante, aínda que algunhas poden usar en pequenas cantidades outros compostos. Anteriormente estes grupos eran considerados [[familia (bioloxía)|familias]], paro as árbores [[filoxenia|filoxenéticas]] feitas comparando os seus ARN indicaron que as bacterias púrpuras fotosintéticas están formadas en realidadesrealidade por varios grupos separados, e cada un deles está máis emparentado pola súa conta con outras proteobacterias non fotosintéticas.
 
== Historia ==