Santiago de Cuba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*La Habana>A Habana
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 40:
O [[26 de xullo]] de [[1953]] prodúcese o asalto ao [[Cuartel Moncada]], levado a cabo polos revolucionarios dirixidos por [[Fidel Castro]], acción que fracasou.
O [[30 de novembro]] de [[1956]] prodúcese un levantamento de Santiago de Cuba e saen ás rúas por primeira vez as Milicias Verde Oliveira do [[Movemento 26 de Xullo]], cun brazalete negro e rubio, decididas a botar a [[Fulgencio Batista]] e apoiar o desembarco de Fidel proveniente de Túxpam (México) con 81 acompañantes.
Con posterioridade ao desembarco do [[Granma (iate)|Granma]] o [[2 de decembro]] de 1956, reúnese [[Frank País]] con Fidel na Serra Maestra e promételle fortalecer a guerrilla cos combatentes da clandestinidade. Este plan contribuíu a que se lograra a vitoria. Nos días finais de [[1958]], as tropas dirixidas polo Comandante Fidel Castro e as que estaban ao mando dos comandantes [[Huber Matos]] e [[Juan Almeida]] sitiaron a cidade.
O [[31 de decembro]] o [[Exército Rebelde]] estaba presto para o asalto final e tomar a cidade, apoiado polos grupos que operaban na clandestinidade. Na fin da noite do [[1 de xaneiro]] desde o balcón central do Concello, situado actualmente onda o Parque Céspedes, Fidel proclamou o triunfo definitivo da [[Revolución Cubana]].