Gonzalo Rodríguez Mourullo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q8964694
Xas (conversa | contribucións)
datiño
Liña 1:
'''Gonzalo Rodríguez Mourullo''', nado en [[Balcaide, Calo, Teo|Balcaide]], ([[Calo, Teo|Calo]], [[Teo]]) en [[1935]], é un escritor, avogado e xurista galego.
 
==Traxectoria==
Fillo de [[José Rodríguez Vázquez]]. Estudou dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]], foi catedrático de dereito penal na [[Universidade de Oviedo]], na [[Universidade de Santiago de Compostela]] (1970) e na [[Universidade Autónoma de Madrid]] desde 1970.
 
En [[1954]] publicou ''Nasce unha árbore'', ano no que obtivo o primeiro premio de contos do [[Centro Galego de Bos Aires]], e en [[1956]] ''Memoria de Tains'' (galardoado nas festas Minervais), obras que sentaron as bases dunha fonda renovación na literatura galega que deu orixe á [[Nova Narrativa Galega]], pero el deixou de escribir e rompeu calquera relación co sistema literario galego.
 
Tivo un papel destacado na elaboración do Código Penal de [[1995]] como relator xeral do proxecto de [[1980]] e foi o avogado defensor de [[Emilio Botín]] no xuízo que o xulgaba por xubilacións millonarias e no cal resultou absolto. Foi tamén un dos avogados do político galego [[Pablo Crespo]] durante a investigación da trama [[Gürtel]].