Diferenzas entre revisións de «Operón»

* Nos ''operóns inducibles negativos'', a situación normal é que unha [[proteína represora]] reguladora estea unida sempre ao operador, o cal impide a transcrición dos xenes do operón. Se está presente unha molécula [[indutor (bioloxía)|indutora]], esta únese ao represor e cambia a súa conformación de modo que agora xa non pode permanecer unido ao operador. Isto permite a expresión do operón. Por tanto, son operóns que están sempre "apagados" a non ser que os "encenda" un indutor.
 
* Nos ''operóns represibles (ou reprimibles) negativos'', o normal é que a transcrición do operón sempre teñen lugar. Un [[xene regulador]] produce unha proteína represora, pero esta non pode unirse ao operador na súa conformación normal. Porén, certas moléculas chamadas [[correpresor]]es únense á proteína represora, o que orixina un cambio conformacional no sitio activo. Isto activa á proteína represora, que xa se pode unir ao operador, impedindo a transcrición. Por tanto, o operón está sempre "encendido" a non ser que estean presentes á vez o represor e o correpresor.
 
Os operóns pode ser tamén controlados positivamente. No '''control positivo''', unha [[proteína activadora]] estimula a transcrición ao unirse ao ADN (xeralmente nun sitio diferente do operador).
190.252

edicións