Acipenséridos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 41 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q181871
Xoio (conversa | contribucións)
ampliación, referencias, bibliografía
Liña 1:
 
[[Ficheiro:CommonStrugeon.png|miniatura|dereita|Esturión (''Acipenser sturio'')]]
{{Taxobox
Os '''acipenséridos''' ('''''Acipenseridae''''') son unha familia de [[peixe]]s da orde dos [[acipenseriformes]], con [[esqueleto]] en parte óseo e en parte cartilaxinoso, de gran tamaño e co corpo cuberto de placas óseas, [[fociño]] alongado e [[boca]] ventral. Contén 4 xéneros e 23 especies.
| name = Acipenséridos<br>''Acipenseridae''
| fossil_range = [[Cretácico|cretácico superior]] - [[actual|actualidade]] <ref>Berg, L. S. (1958): ''System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische''. Berlin: VEB Verlag der Wissenschaften</ref>
| image = Sturgeon.jpg
| image_caption = Esturión nun acuario
| image_width = 270px
| regnum = ''[[Animalia]]''
| phylum = ''[[Chordata]]''
| subphylum = ''[[Vertebrata]]''
| infraphylum = ''[[Gnathostomata]]''
| superclassis = ''[[Osteichthyes]]''
| classis = ''[[Actinopterygii]]''
| ordo = ''[[Acipenseriformes]]''
| familia = '''''Acipenseridae'''''
| familia_authority = [[Charles Lucien Bonaparte|Bonaparte]], 1831
| subdivision_ranks = [[familia (bioloxía)|Subamilias]] e [[xénero (bioloxía)|Xéneros]]
| subdivision =
* ''[[Acipenserinae]]''
** ''[[Acipenser]]''
** ''[[Huso]]''
* ''[[Scaphirhynchinae]]''
** ''[[Pseudosaphirhynchus]]''
** ''[[Scaphirhynchus]]''
}}
A dos '''acipenséridos''' (''Acipenseridae'') é unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[peixes óseos]] da [[clase (bioloxía)|clase]] dos [[actinopterixios]] e [[orde (bioloxía)|orde]] dos [[acipenseriformes]], que está formada por todos os [[esturión]]s e os seus parentes.<ref name=S>[http://www.cbif.gc.ca/pls/itisca/next?v_tsn=161064&taxa=Acipenseridae&p_ifx=&p_lang=es ''Acipenseridae''] en [[SIIT]] {{es}}</ref>
 
Desde a máis remota antigüidade estes peixes foron obxecto de activa pesaca e dunha verdadeira industria de [[salgadura]], ademais de subministrar unha excelente [[cola de peixe|cola]] a partir da súa [[vexiga natatoria]].<ref name=BP>Bauchot e Pras (1982), p. 92.</ref>
 
== Etimoloxía ==
 
A palabra ''esturión'' é un préstamo do [[francos|antigo baixo fráncico]] ''sturio'', do [[lingua neerlandesa|neerlandés]] ''steur'', comparábel ao [[lingua alemá|alemán]] ''Stör'', [[lingua inglesa|inglés antigo]] ''styria'' e o [[nórdico antigo]] ''styrja''.
 
O nome da familia, ''Acipenseridae'', formouse, como os das outras familias biolóxicas, sobre o nome dun dos seus xéneros, o denominado ''xénero tipo'', coa desinencia do [[latín|latín científico]] ''-idae'', propio das familias de animais.
 
A etimoloxía de ''Acipenser'' é incerta; unha simple etimoloxía latina é improbábel debido ao feito da súa terminación en ''-er''.
 
Porén, o termo podería derivar de ''acupensum'' vía ''acipensis'' seguida dalgúns reaxustes morfolóxicos, derivado de ''acus'', que significa "agulla", e ''pensum'' termo que representaba a cantidade de la que debía tecerse nun día. ''Acipenser'' designaría, daquela, o peixe coas barbelas en forma de agulla de calcetar, o que caracteriza ben o ''[[rostrum]]'' do animal.<ref>Oniga, Renato (2001): "Etimologia e struttura morfologica di ''Acipenser''", en ''De lingua Latina novae quaestiones''. Actas do X Coloquio Internacional de Lingüística Latina. Paris-Sèvres, 19-23 de abril de 1999. Ed. Claude Moussy. Louvain: Peeters. ISBN 2-87723-514-9. [http://books.google.fr/books?id=AWHE7bf9N2AC&pg=PA133&lpg=PA133&dq=acipenser+%C3%A9tymologie&source=web&ots=0qUXXaeeXL&sig=6S01z_Ml1UpfnqNaOcV5Gz7dDXo&hl=fr#v=onepage&q=acipenser%20%C3%A9tymologie&f=false Ver en liña]</ref>
 
== Características ==
Os acipenséridos teñen as características da súa orde: esqueleto [[Cartílago|cartilaxinoso]], [[cabeza]] provista de [[óso]]s dérmicos, [[corpo]] espido (sen escamas), pero con 5 fileiras lonxitudinais de placas [[óso|óseas]], raios [[carilaxe|cartiñlaxionosos]] nas [[aleta]]s e cola [[aleta|heterocerca]].<ref name=M>Muus, Bent J. ''et al.'' (1998), pp. 78-79.</ref>
 
Ademais, as especies da familia caracterízanse por teren catro longas barbelas por diante da boca, a cal non ten dentes nos adultos, é protráctil e está situada en posición ventral.<ref name=M/> <ref name=FB/>
 
Teñen unha [[vexiga natatoria]] moi grande, para manter a flote en augua doce o seu enorme e pesado corpo, con tamaños que poden alcanzar máis de catro metros de longo e case mil quilos de peso.<ref name=M/>
 
== Hábitat e bioloxía ==
 
Os acipenséridos viven en auguas frías ou temperadas, unicamente no [[hemisferio norte]], estando case todas as especies de esturión ameazadas ou en perigo crítico de extinción.<ref name=I/> Algunhas especies son [[Anádromo|anádromas]], vivindo ni mar onde crecen e remontando os ríos para desovar na época da reprodución, mentres que outras pasan toda a súa vida en augas doces.<ref name=FB/>
 
== Importancia para o home ==
Os esturións péscanse desde a máis remota antigüidade. Eran moi apreciados polos [[Roma Antiga|romanos]], e considerados en [[Francia]], durante a [[Idade Media]], como ''peixes do Rei''. A súa carne, sen espiñas, apreciouse desde sempre, pero nos últimos tempos os esturións son capturados (e criados en [[acuicultura]]) sobre todo polas súas [[óvulo|ovas]] ou míllaras, coas que se fabrica o auténtico [[caviar]].<ref name=BP/>
 
Péscanse con [[arte de pesca|redes]], xa que non morden os [[anzol|anzois]].<ref name=BP/> Algunhas especies son de grande importancia económica, mentres que outras están case [[extinción|extinguidas]] debido á sobrepesca e á contaminacíon dos ríos onde desovan, polo que algúns encóntranse hoxe protexidos.<ref name=M/> <ref name=I>[http://www.iucnredlist.org/search ''Acipenseridae''] na [[Lista Vermella da IUCN]].</ref>
 
== Taxonomía ==
A familia dos acipenséridos inclúe os xéneros seguintes:<ref name=FB>[[FishBase]] [http://www.fishbase.org/summary/FamilySummary.php?ID=32#famList ''Acipenseridae''].</ref>
 
* '''Subfamilia ''[[Acipenserinae]]'''''
** Xénero ''[[Acipenser]]''
** Xénero ''[[Huso]]''
 
* '''Subfamilia ''[[Scaphirhynchinae]]'''''
** Xénero ''[[Pseudosaphirhynchus]]''
** Xénero ''[[Scaphirhynchus]]''
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
{{wikispecies}}
=== Bibliografía ===
* Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): ''Guía de los peces de mar de España y Europa''. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0685-6.
* Burton, Maurice & Robert Burton (1984): ''Encyclopedia of Fish''. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
* Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): ''Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo''. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
* Nelson, Joseph S. (2006): ''Fishes of the World''. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
* Wiley, Edward G., en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N. (eds.) (1988): ''Encyclopedia of Fishes''. San Diego, California: Academic Press. pp. 76–79. ISBN 0-12-547665-5.</ref>
 
=== Outros artigos ===
* [[Actinopterixios]]
* [[Condrósteos]]
* [[Acipenseriformes]]
 
=== Ligazóns externas ===
 
{{Produtos da pesca comerciais}}